25 de xan. de 2015

LIBERTAD DIGITAL CALIFICA UNHA ESTATUA DE CAMBADOS COMO "HORROR MONUMENTAL"

LD “SUBVENCIONADA” CON 605 € NA FESTA DO ALBARIÑO 2014, POR PUBLICITAR A NOSA VILA. 
Todos sabemos que a arte , como moitas cousas é cuestión de gustos. Tamén sabemos que para o que algúns é unha
aberración, para outros é unha marabilla, o que xa resulta mais paradoxico é que un medio de comunicación como
Sergio Portela
Libertad Digital, que foi “subvencionada” na Festa do Albariño 2014 con 605 € creemos que por cuñas publicitarias de Cambados, califique de “Horror Monumental” a estatua que está no estanque do Mouiño das mareas en Tragove, que ven a representar un home con cabeza de animal. Algunha xente di que con cabeza de caiman  en homenaxe o derradeiro habitante do Muiño que se

apodaba o “Caiman”  quen cesaba na súa actividade amediados dos anos 70, sendo o último muiñeiro, Manuel Piñeiro era o seu nome, casado coa filla do propietario , a obra é do escultor pontevedrés Sergio Portela. 
A páxina en cuestión de Libertad Digital, ten unha sección que se denomoina “Buscando desde las ondas el monumento mas feo de España”, da serie horrores monumentales.A Este medio pertence Radio.Es do "famoso" Federico Jimenez Lopsantos, a quen diversos medios acusaron de recibir cartos do PP que ao parecer constaban nas famosos notas de Bárcenas. Cada ún que saque as súas propias consecuencias.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: