26 de xan. de 2015

VICTOR CAAMAÑO: “SE NON CONSEGUIMOS TRANSPARENCIA DO PP, AGARDEMOS QUE VECIÑOS E VECIÑAS O SOLUCIONEN NAS URNAS O PRÓXIMO MES DE MAIO.”

TRANSPARENCIA, A XUSTA
O BNG recibiu hai uns días, e logo de insistir, a  resposta en relación “ás melloras na Rúa Rosalía de Castro”; concretamente o BNG quería saber cales foron as razóns técnicas polas que
Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U. (ambos membros da Comisión Técnica do Patrimonio Histórico Municipal, xunto a tres técnicos do
concello) non apoiaron o proxecto aprobado de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”. Concretamente, ámbolos técnicos abstivéronse, decisión  que, loxicamente deducimos, debeu responder a que algún aspecto técnico
do proxecto non chegou a convencelos. Na súa resposta o concello simplemente responde que había varios proxectos e o aprobado foi a opción  que máis convencía, aínda que semella que non convenceu aos técnicos da Xunta. 
A verdade é que esta resposta tampouco satisfixo  ao BNG porque non facilita as explicacións solicitadas, o que nos produce unha certa desconfianza e a lectura que sacamos deste asunto é que  cando o PP de Cambados di unha cousa, pois faise e non hai nada que obxectar. E non queremos que
se nos trate de mal pensados,  pero os antecedentes históricos recentes,  demóstrannos  que os departamentos da Xunta adoitan pechar os ollos ante o que di o PP de Cambados. E así non hai máis que recordar que a denuncia do BNG ante a Consellería de Medio Rural pola desfeita do Pinal de Maza, foi que non tiñan coñecemento de ningunha tala realizada no citado lugar, o que nos levou a enviarlle unhas fotos aérea das desfeitas e repetir a pregunta; pregunta que a día de hoxe aínda non ten resposta. Ou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que cando lle denunciamos os referidos  feitos, en lugar de investigar o caso, dirixiunos   ao concello para que este resolvera a nosa queixa, cando era precisamente concello a quen denunciábamos. Así que ante estes antecedentes resulta comprensible que o BNG sexa desconfiado; desconfianza que  pode ser eliminada con transparencia, esa transparencia da que tanto fala o PP pero que logo semella que lle arrepía. En fin, seguiremos intentándoo e se non conseguimos transparencia do PP, agardemos que veciños e veciñas o solucionen nas urnas o próximo mes de maio.
Víctor Caamaño Rivas (Portavoz Municipal do BNG)













Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: