16 de feb. de 2015

A ENQUISA DE “A TI MEU CAMBADOS” EMPEZA A TOMAR FORMA

OS CEN PRIMEIROS VOTOS ASCENDEN AO PP AO PRIMEIRO POSTO.
Aínda non levamos nin tan sequera unha semana da enquisa ,  xa superamos os 100 votos dos cambadeses, o que empeza a tomar corpo e xa a ser significativa. Aínda que BNG e PSOE
comezaron como moitos folgos parece que os votantes do PP estanse a mobilizar nas derradeiras horas pois na
enquisa de onte o que ía diante era o PSOE con 30 votos, seguido  por PP e BNG con 25 votos cada un. Cando acadamos xa os 104 votos o PP ocupa a primeira posición   con 34 votos  (32%), seguido polo PSOE, que sufre un estancamento con 31 votos (29%) e no derradeiro posto está o BNG que se queda estancado con26 votos (25%).  O que vemos é que
de onte a hoxe o PP está a acadar a confianza dos cambadeses, sobre todo se temos en conta que este é unha paxina  critica coa súa xestión e ademais que a maioría dos votantes do PP non son usuarios das redes sociais, o que lle debería preocupar tanto a PSOE  e sobre todo ao BNG.
FOTOS: FARO DE VIGO, E CAMBADOS TK

EVOLUCIÓN DA ENQUISA
14/02/15
15/02/15
16/02/15


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI




Ningún comentario: