16 de feb. de 2015

UNHA CAMBADESA PEZA PRIMORDIAL NO QUE SE ESTÁ CONSIDERAR DE FACTO O MELLOR EQUIPO DE GALICIA DE CADETES

ALES APARIZ CHAVES PEZA CLAVE NO CIBERTIENDA CLB DE BASQUET DE VILAGARCÍA
Nun sensacional artigo de Diego Doval publicado o pasado sábado 14 de febreiro no Faro de Vigo, destacaba  a calidade humana  e deportiva do Cibertienda CLB de Balocesto Categoría cadete,
no que mencionaba a presencia da cambadesa Ales Apariz Chaves, da que dicía o articulista “que destaca polo seu
autocontrol, madurez e concentración. Apenas comete erros, anima y destaca polo seu xogo sen balón. Con Claudia son os  termómetros silenciosos do equipo”. O equipo está adestrado por un vello coñecido da afección cambadesa
Nacho Rebolo que fora base do Xuven non fai moitos anos, el di que o equipo debe “xogar polo pracer de xogar e non polo deber de gañar”. Con esta filosofía van de primeiras na liga galega  onde levan ate o de agora  once vitorias e unha sola derrota e como  dicimos,  é peza clave a cambadesa Ales Apariz Chaves.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: