19 de feb. de 2015

A SITUACIÓN ACTUAL DO CLUB JUVENTUD DE CAMBADOS, É CULPA DE TODOS, PERO ESPECIALMENTE DO ALCALDE LUIS ARAGUNDE

Estes días estase a falar sobremaneira da situación actual do Club Juventud de Cambados, a punto de baixar a 2ª Autonómica senon media unha milagre despois de militar na 2ª División B, chegar a ser o terceiro equipo de Galicia na claisificacion xeral na tempada 89/90 e xogar un partido oficial no Santiago Bernabeu. Está claro que todos os
cambadeses somos responsables da actual situación do Club Juventud Cambados, uns en maior e outros en menor medida, uns por no haberse ido a tempo e outros por
empuxar a a algúns a irse. Pero se hai un gran responsable de todo isto ten nome e apelidos e ese non é outro que Luis Aragunde Aragunde, quen está a deixar a ir o Cambados polo mar abaixo sen facer nada absolutamente, mais ben todo o contrario empuxando que se pudra no abismo. Luis xa na época da anterior directiva que a xuizo de motos fixo unha gran labor,  arrinconou a esta politicamente dun xeito descarado sen apoio ningún agás que lle deixeba as instalacións de deportivas e pouco mais, viase que non lle gustaba a directiva porque non lle facia “pelota”. Todos pensamos que cando colleu a presidencia Sergio González, un home
politicamente da “mesma corda” que o Alcalde, que este lle ia axudar, buscando empresas, un sponsor e con moitas mais axudas economicas tal como fai Louzán co equipo do seu pobo o Ribadumia e tal como está a facer Luis Aragunde co Xuven que ven a ser o seu “neno mimado” de Cambados deportivamente falando, conseguelle cartos, conselle sponsor, conseguelle axudas varias de deputación  etc. a cambio ten unha directiva favorable politicamente que lle consegue moita popularidade dentro da inchada amarela e do pobo. Mentres o Cambados a punto de baixar a segunda autonomica, sen afección, practicamente sen
socios, sen axudas, ningún xogador quere fichar en Cambados, a directiva componse dun  só home, o presidente, se excluimos o adestrador. Insisto a culpa en maior ou menor medida é de todos,  pero Luis Aragunde vai ser recordado como o Alcalde que volveu o C.J. de Cambados as súas orixes ao ano 1963, o que antiguamente se denominaba “Rias Baixas” e agora se denomina 2ª Autonómica. Grazas Luis polo teu “gran” traballo.
De seguido vos deixamos cun excelente artigo de G. Sanchez para Diario de Arousa e cun bo programa de Arousa Si Salnés sobre o tema, que insistimos, quizais o unico que lles faltou foi cargar as tintas no terreo politico.
UN HISTÓRICO AO BORDE DO ABISMO
O Cambados é antepenúltimo na clasificación e conta con escaso respaldo social na vila.
O Juventud de Cambados toca fondo. A falta dun terzo para o final de liga en Primeira Autonómica é antepenúltimo con serio risco de descenso. Un histórico con máis de medio século de vida coquetea seriamente coa Segunda Autonómica. O certo é que a crise deportiva é simplemente o reflexo de como a capital do Albariño deu as costas ao seu
equipo de fútbol. Mentres o Xuven atravesa por un momento álgido, no deportivo e no social, as cousas por Burgáns son máis sombrías. 
Os irmáns González Leiro están á fronte do club. Sergio é o presidente. Tomou as rendas en mayo de 2011 en sustitución de Richard Charlín. Coñecido por todos como Sergio Millán, xa era o vicepresidente e decidiu asumir o cargo para garantir a continuidade da entidade, cuxo primeiro equipo acababa de descender de Preferente. Desde entón ha ter que sortear bastantes adversidades. Os escasos apoios nas súas
reducidas directivas e masa social son un problema agravado cada ano.
O Cambados rolda os 120 socios. "Aquí todo ou mundo está a criticar pero non axudan, algúns nin pagan o carné, parece que ninguén quere botarnos unha man" relata o presidente con cansanzo. A final de tempada deixará o cargo tras catro anos. Teno decidido. O problema é onde estará o primeiro equipo entón. "Non vou a hipotecar ou clube, estou facendo todo ou que está ao meu alcance para mantelo".
Os problemas deportivos radican na inestabilidade do persoal. "Hai varios xogadores que levan varias semanas sen aparecer por aquí". Ante este panorama urxen refuerzos. "Levamos días falando con futbolistas, pero moitos non queren vir axudar, nalgún caso ata sendo do pobo".
O Club Juventud Cambados, que naceu en 1963 para dar continuidade ao extinto Club Deportivo Cambados, gozou nestes máis de cincuenta anos dunha traxectoria importante no fútbol galego tanto na categoría de Rías Baixas, Terceira
División e ata Segunda B. Pero agora a súa realidade é moi diferente. E tamén preocupante.
"Neno" Millán asumiu a dirección deportiva do primeiro equipo en novembro de 2011 en sustitución de Dioni Rubianes. Á tempada seguinte repetiuse a historia e trala marcha de Santi Mariño volveu converterse no adestrador do conxunto amarelo. Cargo que ostenta desde entón. Agora periga. "Se ou domingo non reaccionamos teremos que facer algo" explica o seu irmán. "Eu son o presidente e a miña obriga é tomar medidas, el ten que entendelo, os que mandan son os resultados. É un ultimátum e chega xusto cando toca visitar ao líder Domaio.
A temible cascada
Os dous últimos clasificados perden a categoría de forma directa. A partir de aí chegan os descensos por arrastres. A cascada temible pode condenar a dúas ou ata tres equipos máis, o que complica moito ao Cambados, que só ten 20 puntos. 
UN ARTIGO DE G. SÁNCHEZ RECOLLIDO EN DIARIO DE AROUSA.  

"DE 2ª B A 2ª AUT"  UN PROGRAMA DE
AROUSA SI RADIO SALNES
Presenta e Modera: Carlos M.Vieites. INVITADOS: XL Chantrero (Redactor Diario de Arousa) Edu Charlín (Ex Capitán CjCambados ) Fernando Ulloa (Ex xogador Base CjCambados) Alvaro Andrade (Director Deportivo), Lino González (Ex Adestrador Arosa SC) e Unai Bermúdez (Xogador do CjCambados)
Escoita o programa premendo AQUI.
FOPTOS: DIARIO DE AORUSA E. MOLDES E A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: