19 de feb. de 2015

FEIJÓO ESTIVO NOS BARCOS QUE DORADO USOU PARA TRAFICAR CON DROGA

O presidente galego navegou no Menkalina e no Oratus. Este último barco foi seguido por Aduanas en operacións de narcotráfico. Os dous eran patroneados por Antonio Devesa,
condenado por tráfico de drogas.
Oratus. Ese é o nome dun barco de 21,40 metros de eslora propiedade de Marcial Dorado, o narco que acaba de ser
novamente condenado a seis anos por branqueo de capitais e que, durante os anos noventa, mantivo unha longa amistade co actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Precisamente, no Oratus viaxou Feijóo na súas estancias en Ibiza co narco galego. Novas fotografías publicadas pola edición galega de El País recollen eses momentos nos que o presidente galego e Dorado eran case íntimos nas súas viaxes de lecer, non só nas rías galegas, senón tamén noutros mares máis turísticos, como o Mediterráneo.

Nesta nova instantánea pódese ver a Feijóo con Dorado, e
outros acompañantes no Oratus. Precisamente, esa embarcación foi seguida por Aduanas nunha viaxe que realizou a Baleares e chegou a estar balizado cun localizador por sospeitas de narcotráfico. Esta mesma
embarcación foi, posteriormente, intervida no porto de Benalmádena (Málaga), segundo recolle El País.

O tribunal recoñece que esta nave, co nome de Hércules e con base en Eivissa, foi vendida de xeito ficticio por 751.000 euros, e
recomprada a través dunha empresa pantalla. Posteriormente, Dorado cambioulle o nome por Oratus. 

Dorado posuía outras embarcacións. En 1994 compra Gallega Off Shore e Astilleros Hércules, con base en Ferrol. Alí preparou o Nautillus --que participou na operación de cocaína pola que foi condenado, La Pinta e Hércules, logo denominado Oratus. Tamén tiña unha nave máis pequena,  a Menkalina, de 12 metros de eslora e con base en Vigo. Estas dúas eran patroneadas por José Antonio Devesa, condenado por tráfico de drogas, e nas dúas estivo o presidente da Xunta nos seus momentos de lecer.

Agora, estas embarcacións aparecen entre os bens comisados pola Audiencia Nacional e poderán ser vendidos polo Fondo de Bens Comisados do Plan Nacional sobre Drogas.
NOVA RECOLLIDA DE GALICIA CONFIDENCIAL
FOTOS EL PAIS E A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI


Ningún comentario: