19 de feb. de 2015

ASEMBLEA DE “PODEMOS CAMBADOS” CO LEMA “VEN A PARTICIPAR, PODESE CAMBIAR O POBO”

A PREGUNTA A PODEMOS É:  PODESE CAMBIAR O POBO SEN PARTICIPAR NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS?
O vindeiro sábado as 18 horas Podemos Cambados vai facer unha das súas Asembleas Abertas co lema “Ven a participar, Pódese Cambiar o Pobo”, a asemblea vai ter lugar  en Exposalnés no Paseo da Calzada.  Dende o 29 de novembre
Xano Fariña
pasado que non se celebraba unha Asemblea aberta en Cambados por Podemos, que foi para escoller a Xano Fariña. como  Secretario Xeral da formación. 
Nunha asemblea que se celebrou o vran pasado no Estación de Autobuses de Cambados a preguntas deste medio contestaron os de Podemos que  non era intención da formación presentarse as Eleccións Muncipais.
Sen ánimo de criticar, senón todo o contrario de intentar axudar, este medio preguntase , recollendo  o lema  da asemblea do vindeiro sábado,  se pode cambiar o pobo sen presentarse as Elección Municipais do vindeiro Maio, agás que o Secretario Xeral  ou a formación cambiaran de parecer e igual teñen tentado presentar unha candidatura. Nos preguntamos no seu facebook cal era o orde do día pero ate o de agora non recibimos contestación. Tamén cremos que non se pode cambiar o pobo se non é participando nas Eleccións Municipais do vindeiro mes de maio.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQ

Ningún comentario: