20 de feb. de 2015

VECIÑOS DE CASTRELO DUBIDAN DE QUE O PP GASTARA 20.000 € NA MELLORA DA SENDA MARITIMA FACHO CASTRELO

ASI LLO FIXERON SABER AO BNG,  PODE SER UN DE TANTOS “CASOS DE CAZO”
O BNG de Cambados ven de denunciar por escrito no Concello 
que, recentemente, veñen de ser executadas as obras para a mellora da senda marítima do Facho-Castrelo, concretamente
ás realizadas ao remate da pista da Quintáns, nas que se investiron 20.000 € dos cales a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras aportou unha axuda global de 19.528 € e o concello a parte correspondente ao IVE da obra. Que os traballos, realizados ao longo de 460 metros de pista, consistiron nas tarefas de roza e limpeza do camiño e recheo de xabre. Así mesmo unha vez rematada a obra,  veciños/as do lugar  puxéronse en contacto
co BNG para manifestarlle as súas dúbidas de que os traballos realmente realizados se correspondan co  importe anteriormente mencionado para esta obra; polo que ven de solicitar que ao grupo municipal do BNG se lle permita consultar a memoria deste  proxecto, se lle informe sobre o tipo de adxudicación aplicada a esta obra, se faciliten as propostas de orzamentos das empresas presentadas, así como tamén se faciliten as certificacións de obra realizadas e as facturas correspondentes aos pagos polos traballos realizados.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQ

Ningún comentario: