20 de feb. de 2015

ANTES QUE CRISTINA GUGGERI SENTASE AOS LIDERES MUNDIALES NA “CUNCA DO WATER”

“A TI MEU CAMBADOS” XA SENTARA A ARAGUNDE E A TOURIS.
Parece obvio, pero de cando en vez convén recordalo: desde o último home
ata o primeiro, todos somos seres humanos cos nosos soños e necesidades. Sobre todo iso, necesidades. Ás veces
esquécellenos que os grandes líderes mundiais son como o común e que polo menos unha vez ao día (iso esperamos, polo sua saúde) han de pasar polo trono do baño. A Cristina Guggeri non se lle foi esta idea da mente e, de feito, grazas á súa última serie de traballos a nós tampouco se nos irá. A artista italiana retocou dixitalmente varias fotos dos
grandes líderes mundiais para situalos no retrete. O resultado é, como pouco, hilarante.
A artista Cristina Guggeri decidiu plasmalo nunhas impactantes imaxes retocadas con Photoshop que estes días dan a volta á rede e nas que se pode ver a estes e a outros líderes a lombos do señor roca.
Pero antes diso “A Ti Meu Cambados” xa
sentara na cunca do water ao alcalde Luís Aragunde e ao Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Touris, por parte dos peperos tachóusenos de malgusto, maleducados etc, (o de sempre por non variar) pero en  cambio a este señora todo o mundo riulle a graza. Ainda hai categorías.
NOVA RECOLLIDA DE VOZ POPULI




Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQ

Ningún comentario: