26 de feb. de 2015

LUIS ARAGUNDE, CINICO, TRAMPÓN E FALTÓN CO PSOE NO TEMA DE DEIXARLLE VER A DOCUMENTACIÓN.

O CONCELLO DE CAMBADOS SEGUE SEN DAR ACCESO Á  DOCUMENTACIÓN SOLICITADA POLO PSOE  E DE NOVO TERÁ QUE SER O XUÍZ O QUE MEDIE 
   Os Socialistas de Cambados veñen de presentar este mércores ante o Xulgado de Pontevedra un novo Recurso Contencioso Administrativo polo procedemento especial dos dereitos Fundamentais da persoa pola inactividade do
Concello de Cambados. 
 Os Socialistas presentaron un escrito o día 20 de xaneiro solicitando o acceso ó Expediente Administrativo do Proceso de Selección de persoal convocado mediante Resolución o 2 de abril de 2007.
“Non tivemos ningún tipo de oposición por parte do Concello para a exhibición do expediente e concertouse unha data para ir  velo.  Cando fomos na data sinalada non o puidemos ver porque había que ir a buscalo ó arquivo, e como confundiron a data na que íamos ir, non o tiñan preparado e concertamos acudir outro día. Fomos novamente ó Concello no día sinalado e ensináronnos una parte do expediente e outra parte que non correspondía ó proceso do 2007 senón ó do 2004, polo que voltamos a modificar a data para ir ver o expediente.  Voltamos por terceira vez e cando nos ían dar a documentación a persoa
encargada de traelo, tivo que ausentarse do Concello por motivos persoais, así que acordamos voltar novamente este luns, por cuarta vez. Tampouco o puidemos ver porque a persoa encargada de darnos o Expediente non foi traballar porque se lle estropeu o coche. Esto supera toda a esperpenticidade e surrealismo que unha persoa se pode  imaxinar dentro dun Concello serio a día de hoxe” afirma Fátima Abal.
“E despois o Alcalde afirma que se cumpre o Código de Bo Goberno e que o noso é un Concello transparente. Facer ir á oposición ata en catro ocasións para ver un expediente que aínda non puidemos ver, despois de telo solicitado por escrito desde hai máis dun mes, parécenos que non é un exemplo nin de bo goberno nin de transparencia. Os motivos polos que non nos dan acceso ó expediente son un pitorreo en toda regra que non estamos dispostos a seguir aguantando, unha
cousa e ter paciencia e ser comprensibles e outra moi diferente  é que a unha a tomen por idiota, non llo consinto a ninguén, conozco os meus dereitos e non dudarei en exercitalos”
Por este motivo, os Socialistas pensan que non lles queda outra opción que ir ó Xuzgado para que sexa o xuíz o que solicite esta documentación e así lle sexa entregada. 
Este expediente é o relativo ó proceso de selección de persoal convocado no ano 2007, que a pesares de que foi
publicado e foron moitas as persoas as que presentaron a solicitude e pagaron as oportunas taxas, nunca se chegou a publicar unha lista de admitidos nin excluídos, nin tampouco se levou a cabo a súa revocación. No seu lugar foron contratados uns interinos mediante una entrevista persoal que aínda seguen a día de hoxe nese posto.  Moitos deles se verán moi beneficiados coa nova Modificación da relación de Postos de traballo que o PP ven de aprobar definitivamente nun Pleno extraordinario neste mes de febreiro.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: