26 de feb. de 2015

O CONCELLO DE CAMBADOS PUIDO FACER TRAMPA NO PLAN E

ESTÁ A SER INVESTIGADO POLO MINISTERIO DE FACENDA. “ONDE METERIAN ESTES OS CARTOS?
O BNG ven de preguntar por escrito no concello de Cambados, polo uso das subvencións concedidas ao noso concello no famoso Plan E. Asi manifestan os do BNG  que
hai uns días se daba a coñecer que o Ministerio de Facenda está a investigar 59 proxectos do denominado “Plan E”, correspondentes a  45 concellos galegos, entre os que se encontra o de Cambados. Semella que esta revisión do Ministerio ten como finalidade a comprobación do correcto uso das inversións realizadas nos respectivos proxectos e, polo tanto, de non cumprirse as esixencias orixinalmente
marcadas neste plan, os concellos infractores estarían obrigados ao reintegro do investido irregularmente; polo que solicita  que sexan contestadas as seguintes preguntas; 
* 1.- Que obras realizadas en Cambados, dentro do “Plan E”, están a ser obxecto de investigación en relación con este caso? 
* 2.- Que orzamento tiñan ditas obras? 
* 3.- A que empresas lles foron adxudicadas?
* 4.- Houbo baixas nas adxudicacións?
5.- Abríuselle, nalgunha obra, expediente de reintegro?
O BNG PIDE A TÚA COLABORTACIÓN PARA FACER O SEU PROGRAMA 
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: