26 de feb. de 2015

É TOTALMENTE FALSO QUE HAXA RATAS NOS XULGADOS DE CAMBADOS

OS ARQUIVOS ESTÁN PERFECTAMENTE LIMPOS E CON ESPAZO PARA  VARIOS ANOS.
Hoxe podemos ler atónitos, sobre todos os que traballamos nos xulgados de
Cambados unha nova publicada no portal dixital “la información”, na que di que hai ratas nos xulgados de Cambados.  Rara vez dende este blog defendemos a
administración, e os que nos seguides sabedelo,  e menos a administración do PP, pero cando a nova é falsa totalmente é un sabeo, temos o deber de dicilo senón estariamos traizoando a nosa ética e a nosa moral. Fai mais de cinco anos que nos xulgados de Cambados solucionáronse os problemas os que se refire o informe do
defensor do pobo . Dende ese tempo cada dous meses unha empresa especializada no exterminio deste animais coida de que estes non se reproduzan no xulgado. E dende aquí invitamos a calquera medio ou persoa a que visite os arquivos dos xulgados e poderá comprobar que os mesmos están limpos, perfectamente organizados e non verán ningún roedor nos arquivos e por suposto moitos menos as oficinas. Hai ademais,   un empregado de mantemento que se ocupa entre outras cousas de que os arquivos estean en perfecto estado así como o resto do edificio. Outra cousa son os xulgados de Vilagarcía.
XAQUIN CHARLIN.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQ



Ningún comentario: