25 de feb. de 2015

FATIMA ABAL: AS CONTINUAS IMPROVISACIÓNS DE ARAGUNDE CUSTAN CARTOS, OS CALES SAEN DOS BOLSILLOS DE TODOS OS CAMBADESES”

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS ATRIBÚEN Á PÉSIMA XESTIÓN DE ARAGUNDE O FEITO DE QUE SE PRETENDA APROBAR UN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO DE MÁIS DE 200.000€ TAN SÓ DÚAS SEMANAS DESPOIS DA APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS.
A formación que lidera Fátima Abal considera extremadamente grave que o concello utilice de forma recurrente os recoñecementos extraxudiciais de crédito para tratar de tapar a súa mala xestión. Lembran que esta é unha fórmula que se debe aplicar só con carácter excepcional, pero que o equipo de goberno de Luis Aragunde convirte nunha práctica habitual, seguindo a liña de improvisación que tanto caracteriza a este goberno municipal.
Fátima Abal considera “esperpéntico que despois de
aprobarse uns presupostos municipais, os cales foron aprobados definitivamente no pasado pleno extraordinario do 10 de febreiro, tan só dúas semanas despois se pretenda aprobar este recoñecemento extraxudicial de crédito. Desgraciadamente, este goberno municipal xa nos ten acostumados a este tipo de improvisacións, posto que no pasado ano 2014 foron aprobados cinco recoñecementos extraxudiciais, os cales suman un total de 621.822,56€.  Esta é a forma de gobernar de Luis Aragunde, convertindo o que debería ser excepcional en algo habitual.”
O recoñecemento extraxudicial que o Partido Popular pretende aprobar no vindeiro pleno, impoñendo o rodillo da súa maioría absoluta, consiste nun crédito extraordinario de 85.306,46€ (é dicir, que non está consignado no orzamento) e un suplemento de crédito de 125.830,74€ (é dicir, que complementa a un gasto que sí está presupostado pero que a cantidade consignada resulta insuficiente), sumando en total 211.137,20€.
Os socialistas explican ademáis que o propio informe de intervención municipal é moi claro neste asunto, xa que califica como deficiente a xestión do gasto municipal. Dito informe especifica que ningún dos gastos incluidos no expediente foi obxecto de fiscalización previa pola intervención, incorrendo en causa de nulidade de pleno dereito polo que todos son obxecto de reparo por parte de intervención. 
A maior parte do crédito extraordinario vai parar a contratos menores, que sen embargo foron realizados saltándose todos os trámites, polo tanto estamos ante contratacións verbais, algo que está terminantemente prohibido por lei no sector público salvo en casos de emerxencia, o cal non parece ser o caso posto que se está facendo de forma habitual. Así, con esta forma de xestionar, estase obviando todo control do gasto público xa que non hai nin orzamentos de obras nin aprobación previa do gasto, nin informe técnico, simplemente coa firma do alcalde e do capataz de obras é suficiente para realizar estes pagos, o cal vai en contra de calquera política de transparencia.
“É obvio –sinala Fátima Abal- que, en calquera situación, pero con máis motivo agora que a cidadanía esixe cada vez máis, con toda a razón do mundo, unha absoluta transparencia e un control riguroso do gasto público, estas prácticas resultan cando menos sospeitosas. É intolerable que este tipo de gastos públicos se tramiten desta forma. Esiximos que se acabe dunha vez o escurantismo, e que o diñeiro dos cambadeses sexa xestionado con rigor e con seriedade.” 
“Seguramente o alcalde trate de excusarse argumentando
que se saltan pasos para así poder axilizar os pagos, sen embargo as débedas acumuladas en facturas sen pagar dentro dos 30 días de plazo legal, ascenden a final de 2014 a 168.074,87€, algo que só se explica por unha chapuceira forma de xestionar. Estes atrasos no pago das facturas, froito da nula capacidade de previsión do goberno municipal, significan que agora, ademáis do custe propio das facturas, o concello tería que pagar os intereses de demora e as indemnizacións polos custes de cobro. As continuas improvisacións de Aragunde custan cartos, os cales saen dos bolsillos de todos os cambadeses”
OS RUIDOS NA REDE DE ESTRADAS DA LOCALIDADE, A PLENO DA MAN DO GRUPO SOCIALISTA
Os socialistas de Cambados levan a Pleno o tema dos ruídos nas estradas do municipio, xa que dende o pasado 16 de febreiro de 2015 a Axencia Galega de Infraestruturas somete a trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dalgunhas estradas da rede autonómica de estradas de Galicia da zona do Salnés.
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE quere saber se o Concello vai a presentar alegacións ao informe presentado por este organismo dependente da Xunta de Galicia. 
Tamén quere saber si o Concello cumpre co exposto no DOG e están expostos ó público os mapas estratéxicos de ruído mencionados así como na páxina web. 
Os socialistas sinalan que no informe apúntase a que existen tramos cunha sinalización contraditoria, polo que queren saber se o Concello vai o equipo de goberno a instar ós organismos competentes para que tomen as medidas pertinentes e estes tramos de estradas teñan unha correcta sinalización.
Ademais instan ao Concello a tomar medidas para que o tramo que atravesa o casco urbano de Cambados afectado, e que segundo os datos ten un tráfico rodado de vehículos por día cun número moi aproximado aos tramos das VG-4.2 e VG-4.3, reduza os datos de ruído para unha mellor calidade de vida dos cambadeses. 
PREGUNTAS PARA O PLENO SOBRE O TEMA: 
No DOG nº 31 do 16 de febreiro de 2015 anúnciase que se somete a trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dalgunhas estradas da rede autonómica de estradas de Galicia da zona do Salnés-Caldas a través da Axencia Galega de Infraestruturas.
Mapas que se realizan para obter o número de persoas expostas ós diferentes niveis de ruído e mellorar a calidade
acústica no noso contorno.
Neste caso, o Concello de Cambados vese afectado polos mapas estratéxicos de ruídos das seguintes estradas:
a) VG-4.2 Saída 7 (AG-41) – Cambados (PO-300). Treito 0,000 ao 4,440. Clave PO/13/043.09.3 Cambados – Ribadumia.
b) VG-4.3 Cambados (PO-300) – Vilagarcía de Arousa (N-640). Treito: 0,000 ao 7,330. Clave: PO/13/043.09.4 Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados.
c) PO-300 Mosteiro – Cambados (VG-4.3). Treito: 10,040 ao 11,710. Clave: PO/13/043/09.5 Cambados.
d) PO-550 Cambados (VG-4.3) – A Lanzada (PO-308). Treitos 0,000 ao 10,970. Clave PO/13/043.09.15 Cambados, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo.
O período de exposición pública será dun mes a contar dende o día 17/02/2015 para que os/as cidadáns poidan examinar o que desexen, co fin de poder formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas.
1. Existen a día de hoxe algunha suxestión ou alegación?
     2.-Por parte deste concello cumpriuse co que di o DOG e están expostos ó público os mapas estratéxicos de ruído mencionados?
     3.- Dende que día se fixo esta exposición pública no Concello de Cambados? Atópase exposto no taboleiro de anuncios?
     4.-Non debería tamén estar publicado na páxina web do Concello? Por qué na páxina web do concello a día de hoxe, aínda non consta?
     5. Aínda que nos documentos resume se di que o número de vivendas e persoas afectadas polo ruído das estradas son relativamente baixos, pódese apreciar que existen numerosas vivendas e persoas afectadas polos ruídos. Ademais, nos mesmos documentos resume, faise constancia de que nos tramos c) e d) hai unha insuficiente e contraditoria sinalización:
 “Límite de velocidad: la vía objeto de estudio es una carretera que discurre por varios núcleos de población a ambos lados de la carretera por lo que se estableció una velocidad de 50 km/h para todo el recorrido, correspondiente a la limitación de velocidad establecida para travesía. Los tramos de velocidad se determinaron a partir de los datos de señalización vertical aportados por la Axencia Galega de Infraestruturas, realizándose una revisión de los mismos.
En aquellos lugares en los que se detectó señalización insuficiente o contradictoria (ausencia de señales de fin de limitación de velocidad, tramos interurbanos sin especificación de la velocidad máxima permitida,…) se optó por definir tramos los más homogéneos posibles, tomando siempre el valor de velocidad más desfavorable (la mayor de los posibles).”
Vai o equipo de goberno a instar ós organismos competentes para que tomen as medidas pertinentes e estes tramos de estradas teñan unha correcta sinalización?
En caso de que a resposta sexa afirmativa, vai ser certo nesta ocasión, ou ocorrerá como noutras ocasións nas que o PSOE de Cambados reclamou medidas de seguridade en diferentes puntos das estradas que atravesan o pobo, e polas que os cidadáns aínda estamos agardando?
   6. Deixar constancia que por moito que no argumentario referente ó tramo indicado no punto d), intenten xustificar que o alto número de vivendas e persoas que están afectadas polos ruídos, é porque discorre a través do núcleo urbano de Cambados, é evidente que se ven afectados un gran número de persoas.
   Considera o equipo de goberno necesario tomar medidas para que este tramo que atravesa o casco urbano de Cambados, e que segundo os datos ten un tráfico rodado de vehículos por día cun número moi aproximado aos tramos das VG-4.2 e VG-4.3, reduza os datos de ruído?
FOTOS: DIARIO DE AROUSA, FARO DE VIGO
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQ



Ningún comentario: