O BNG de Cambados vai preguntar no pleno de maña sobre o tan famoso Centro de Dia, prometido e anunciado en multidade de ocasións e por un parque en Oubiña, estas son as súas preguntas:
1.- No mes de decembro do pasado ano, desde a consellería de Traballo e Benestar se informaba (aparece recollido nos xornais) de que o Centro de Día de Cambados estaría rematado no mes de outubro deste ano e como dita obra, xa
fora prometida na campaña das anteriores eleccións municipais, o BNG quere preguntar se, a día de hoxe, se manteñen as previsións da Consellería para o remate desta obra? De ser afirmativa a resposta, debería estar claro, actualmente e pola proximidade da data, o modelo elixido para a xestión deste servizo, polo que tamén preguntamos se o futuro centro de día de Cambados será de xestión pública ou privada?

2.- A asociación de veciños/as San Vicente de Oubiña, solicitou hai máis dun ano a instalación dun parque biosaudable no recinto da Tomada (Oubiña) e, a día de hoxe, aínda non obtiveron resposta por parte da Alcaldía a esta solicitude; polo que se solicita resposta a esta demanda dos veciños e veciñas de Oubiña.
FOTOS FARO DE VIGO
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQ
Ningún comentario:
Publicar un comentario