25 de feb. de 2015

O PSOE AO BORDE DA MAIORIA ABSOLUTA COS DATOS QUE TEMOS.

200 VOTOS DA ENQUISA DE “A TI MEU CAMBADOS” SOBRE AS MUNICIPAIS EN CAMBADOS.
Xa chegamos aos 200 votos na enquisa sobre “A QUE PARTIDO VOTARIAS NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS”. Encabeza a clasificación e destacado, o PSOE
co 41% dos votos , seguido polo PP co 29 % dos votos e remata no derradeiro lugar o BNG co 21% dos votos. Así con
estes resultados o PSOE está ao borde da maioria absoluta, pois con estes números acadaría 8 concelleiros, seguido polo PP con 5 concelleiros e por último o BNG con 4 concelleiros. 200 votos dunha pobación de 14.000 habitantes xa  comeza a ser unha enquisa mais que aceptable. Iso si, como xa dixemos noutra ocasión hai que destacar
que moitos dos votantes do PP non son asiduos de internet nin das redes sociais, e iso tamén o ten que ter en conta o PSOE que teñen que contar tamén co "acarrexo do PP", pero o que si é moi curioso é que tanto o electorado do BNG como do PSOE si soen ser asiduos das redes sociais e ainda así oi PSOE case que dobla en porcentaxe e votos ao BNG. 
Tamén sabemos que hai un 7% dos cidadáns cambadeses que non van votar a ningún dos tres , igual esperan unha Agrupación de Electores en Cambados, ou unha lista independente.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQ

Ningún comentario: