2 de feb. de 2015

MALESTAR ENTRE OS FUNCIONARIOS DOS XULGADOS DE CAMBADOS.

OS XULGADOS DE VILAGARCÍA DERIVAN AS VÍDEO CONFERENCIAS A VILA DO ALBARIÑO POR FALTA DE ESPAZO NAS SÚAS DEPENDENCIAS.
Xa o dixemos por activa e por pasiva que os xulgados de Vilagarcía son un enxendro de tal calibre que o arquitecto en
cuestión que doulle a cabeza descansada, comezando porque mais da metade do volume do edificio esta sen construír, porque as oficinas son pequenas incómodas e pouco
funcionais e porque non hai espazo para as pezas de convicción téndose que gardar en outras dependencias e nos corredores. A todo isto vense a sumar que teñen dúas salas de audiencia para tres xulgados e os sinalamentos non paran e cada vez que
hai un vídeo conferencia, ou a maioría das veces desvíanse aos xulgados de cambados co conseguinte malestar para o funcionariado deste xulgados pois aínda que teñen tres salas son catro xulgados e maioría das veces tamén
están ocupadas e non teñen porque facer traballos doutros xulgados. O Secretario Coordinador de Pontevedra Norte xa é coñecedor deste problema e está a traballar para poñerlle solución ao asunto. E non están so molestos os funcionarios senón tamén os xusticiables, pois sendo de Vilagarcía o correspondendo celebrar a vídeo conferencia nesa vila  teñen que trasladarse a Cambados o que lle ocasiona mas gastos e perdida de tempo.
Fotos: FARO DE VIGO.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: