A empresa contratada vén de iniciar as obras de derrubo do solo de cemento situado sobre a praza que cubre as escalinatas de San Tomé.
Estes traballos iniciais darán paso á instalación dun novo encofrado de
formigón a cubrir con lousetas de pedra, renovando así o espazo situado fronte ó pazo de Montesacro.
formigón a cubrir con lousetas de pedra, renovando así o espazo situado fronte ó pazo de Montesacro.
As obras de reforzamento suporán un investimento de 130.000 euros e contan cun prazo de execución de 2 meses.
A finalidade deste investimento consiste en fortalecer a estrutura sobre a escalinata e instalar enlousado de pedra acorde co estilo instaurado no conxunto histórico.
A finalidade deste investimento consiste en fortalecer a estrutura sobre a escalinata e instalar enlousado de pedra acorde co estilo instaurado no conxunto histórico.
Esta obra representa tamén unha mellora das instalacións do club de Piragüismo, situadas baixo a praza e a escalinata, que deberán trasladarse durante o prazo de duración da mesma. Conleva tamén o cambio do forxado de ferro, bastante deteriorado, para robustecer a praza situada fronte ó asilo de anciáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario