1 de feb. de 2015

UN INDUSTRIAL HOSTALEIRO CAMBADÉS ACUSA O CONCELLO DE INVENTAR IMPOSTOS PARA ENRIQUECERSE CERTO PERSOAL

A OFICINA DO ORAL DE CAMBADOS CONFIRMA QUE É UN IMPOSTO INVENTADO POLO CONCELLO.
Luís Aragunde ten que saír a dar explicacións por este imposto “extra” que acaba de inventar  contra dos
establecementos hostaleiros e o mesmo tempos os propietarios destes locais, téñenlle que botar mais “guevos” e protestar como fixo nas redes sociais e no propia concello este industrial cambadés e chamarlle a cousa polo seu
nome: “Un verdadeiro roubo”. Este industrial moi coñecido de todos dicía en facebook que lle chegou unha carta de pago por parte co Concello de Cambados dicíndolle que tiña facer efectiva polo concepto de lixo a cantidade de 1251,11 € por liquidación de taxas de recollida
de lixo dos anos 2011 e 2012 pola cafetería. Inmediatamente este industrial dirixiuse ao Oral e obviamente alí confírmanlle que o lixo deses anos  xa os pagara, polo  que lle facilitan un xustificante once consta o pago de 407,66 cada catro meses polo lixo do
Hotel. Tamén lle confirman da mesma oficina do Oral que ese imposto non era cousa deles que é un imposto “QUE SE INVENTOU O CONCELLO DE CAMBADOS”. O industrial en cuestión cun enfado de mil pares dirixise a unha asesoría , onde lle confirman que non é o único negocio de Cambados que ten este problema polo que non tivo mais remedio que facer a oportuna reclamación. Mais anoxado aínda
diríxese ao concello de Cambados  e diríxese ao empregado municipal encargado destes impostos a quen lle  pregunta quen foi o que inventou este disparate de imposto engadindo o industrial “claro como non tedes un peso, desangrades aos veciños”, o empregado municipal non lle quedou mais remedio que baixar a cabeza  e asentir. O industrial
queixouse amargamente da gran cantidade de asesores inútiles que sobran no concello de Cambados  e claro hai que “inventar impostos”. O industrial impotente ante o desvergónzante imposto marchou preguntando  “Quero saber quen manda neste Concello?”

POR CERTO ENTRE OS DONOS DOS HOTEIS QUE SAEN NA FOTO ESTA O QUE PROTESTOU AO CONCELLO.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: