E PARECE SER QUE NON LLE FALTAN MOTIVOS, SOBRE TODO SE LUIS ARAGUNDE NON CONTESTA AS SÚAS PREGUNTAS.
O BNG ven de presentar un escrito no concello non que comenta que no pleno extraordinario celebrado hai uns días aprobouse definitivamente, cos únicos votos a favor do PP, a
nova RPT do Concello de Cambados. O BNG votou en contra deste documento por considerar que, na súa elaboración, primaron os criterios políticos e non os laborais e que realmente non soluciona as necesidades para un bo funcionamento do concello. Ademais, o BNG non entende que para a elaboración do documento fora necesaria a contratación dunha empresa privada (neste caso, “Galivalia Avogados e Consultores”) pois existen suficientes técnicos municipais
(secretario, interventora, tesoureira e asesor xurídico) que poderían elaborar, xunto aos representantes dos traballadores, unha RPT máis axustada ás necesidades do noso concello ca aprobada e, por suposto, sen ter que pagar o sobrecusto da contratación da citada empresa. Consideramos así mesmo, que a participación da empresa só serviu para tentar dar unha falsa imaxe de imparcialidade pero o que realmente se fixo foi que a empresa trasladara aos traballadores/as a proposta política da alcaldía, creándose a medida uns baremos ou criterios que xustificasen os obxectivos políticos marcados previamente; polo que

SOLICITA: sexan contestadas as seguintes preguntas:
1.- En que data foi contratada “Galivalia Avogados e Consultores” e que proposta de orzamento presentou ao concello de Cambados para a realización da citada RPT?
2.- Canto leva pagado actualmente o concello a dita empresa polos traballos de elaboración da RPT?
3.- Cal será o custo total para o concello, dos servizos de “Galivalia Avogados e Consultores” pola elaboración da RPT?
4.- Coa aprobación da nova RPT, que vai a ocorrer coa
Oferta de Emprego Público do concello de Cambados do exercicio 2006, onde foron ofertadas unha serie de prazas, e que foi paralizada despois de que moitos aspirantes pagaran as respectivas taxas de matrícula no proceso? Cando se lle devolverán os cartos correspondentes a dito pago de taxas? Canto supón a totalidade desta devolución?

NOTA DA ADMINISTRTACIÓN.- O mellor tamén habia que preguntar si algún alto cargo do concello tuvo relación laboral ou profesional coa devantida empresa ou con algún dos seus propietarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario