As celebracións do Entroido comezarán este sábado, 14 de febreiro, cunha gran festa infantil no parque de Torrado, a partir das 16 horas, con animación, inchables, karaoke, desfile de disfraces e obradoiros de maquillaxe e globoflexia.
O domingo de Entroido, 15 de febreiro, o salón Peña acollerá o concurso de disfraces,
retransmitido polo humorista Pepo Suevos. Os premios en vales compra de Zona Centro serán de 100 euros para o mellor individual, 150 euros ó mellor disfraz de parella e 250
euros para o grupo mellor ataviado. Tamén haberá música a cargo da charanga “Os Jaláticos”.

O 16 de febreiro, Luns de Entroido, vai ser unha xornada moi especial para os
máis novos que poderán participar no baile infantil no salón José Peña, que será aberto e gratuito para toda a rapazada. Haberá premios de ata 150 euros para os rapaces mellor disfrazados, nas categorías individual, parella e grupo. Durante esta celebración, a partir das 17.30
horas, vaise desenvolver o concurso de filloas que contará con premios para as habelenzas das mellores reposteiras e/ou reposteiros.

O Martes de Entroido (17 de febreiro) vaise celebrar o desfile de carrozas, e
mais dos enmascarados que desexen sumarse, acompañado pola música da charanga Os Jaláticos e o grupo de Batucada Olodum do Coio. O desfile partirá da escalinata de San Tomé, ás 17 horas, percorrerá as principais rúas da vila: avenida de Galicia, praza do Concello, avenida de Madrid, praza de Fefiñáns, avenida da
Coruña, paseo da Calzada, ata rematar de volta na praza do Concello, onde haberá música e animación por conta da orquestra Gran Coliseum.

Enterro da Sardiña e do Pequeno Nicolás
O mércores de Cinza procederáse ó tradicional enterro da Sardiña, xunto cun personaxe de actualidade, que este ano será o Pequeno Nicolás. Darase lectura aos correspondentes responsos e recibirá a extremaunción antes de que pase a ser alimento do lume purificador. Ó sepelio asistirán as forzas vivas, plañideiras de pago e todos cantos queiran ir. As marchas fúnebres serán interpretadas por charangas e dj´s irreverentes.
FOTOS: FARO DE VIGO, E A TI MEU CAMBADOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario