28 de feb. de 2015

RELATOS SALVAXES

POR OSCAR MANUEL NUÑEZ. 
Dentro da iconografía dos Plenos da Corporación do Concello de Cambados o de onte 26 de febreiro xa ten o seu propio espazo na escolma de artigos nos que en ocasións relato, facendo un paralelismo co mundo do Cine, do que alí acontece coma veciño preocupado pola miña vila e os meus veciños,
con sinceridade o digo. E os modos que se gasta o Goberno Municipal no que os Cambadeses puxeron a súa confianza son propios dunha deriva absoluta no eido das ideas e da xestión, unha incapacidade que se pon de manifesto cada vez que os escoito falar. Son Relatos Salvaxes (filme Arxentino nominado ao Óscar á millor película extranxeira) nos que se reflicte a podredumbre do Partido Popular, o partido da corrupción, da inxustiza e da desigualdade económica e social alí onde vaias. Cando hai xente que prefire o bó polo malo por coñecer e que non os escoita de preto, senon sairía correndo. Correndo e rápido remataron onte, ante a imposibilidade por parte da oposición de atopar algunha resposta que non se basee na  palabrería ou nas  consignas en forma de receitas que chegan desde Madrid. Non viven no mundo real, viven nun castelo de marfil (Julio Cortázar) alleos ao sufrimento dos veciños e tapan baixo o felpudo todo aquelo que poña en perigo a súa existencia chea de privilexios da  que non son merecedores.

O Pleno comezou coma non podía ser doutro xeito coa ratificación da acta do Pleno anterior, no que se aprobou a Relación de Postos de Traballo e o Presuposto Anual  no
tempo récord de 18 minutos que é o que leva aplicalo rodillo da maioría absoluta que posúen , por mor da xente que confiou neles e agora se decata de que boa a fixo. Milagros Martínez, concelleira da Agrupación Socialista relatou naquela sesión que a RPT aprobada é ilegal, nula de pleno dereito,  basándose nos reparos da  Intervención, os mesmos que o Sr. Aragunde levanta un día sí e outro tamén. Para o seu bó Goberno (o sarcasmo é o recurso dunha mente feble coma a miña) que saiba, para que despós non chore, que van directamente á Fiscalía e ao Tribunal Superior de Contas de Galicia, e que xa puxeron o grito no ceo desde Santiago cando viron tal cousa publicada nos medios. Os Socialistas de Cambados suliñaron que non hai nada por riba das leis, que un Estado Social e Democrático de Dereito se basea no Imperio da Lei coma exercizo da Soberanía Popular da que o Pobo de Cambados é Titular. A Lei de Presupostos Xerais do Estado é taxativa neste aspecto, e non permite unha suba / incremento da masa salarial nen as prevendas das que fai
uso Aragunde, por moita excepcionalidade que reflicta algún artigo. Non é o caso: o accesorio nunca debe primar sobre o relevante, e relevante é que hai 37 interinos no Concello nombrados a dedo e que as subas e baixas do soldo dos mesmos está suxeita á fidelidade ao seu líder. Xa o dicía Michael Corleone na segunda parte de El Padrino, “Dos nosos nengún puido ser, están moi ben pagados, neso se basea á súa confianza”. Víctor Caamaño, Portavoz do Bloque Nacionalista Galego,
puxo énfase nese aspecto, na discrecionalidade na confección da mesma ou o que é o mesmo, o seu deseño de  xeito político e non predominantemente ténico, coma debería acontecer. E nin mentar, dixo, que por qué hai que pagar aínda por riba a unha Empresa Privada para facelo traballo cando hai Técnicos no Concello que o poderían facer perfectamente. Pos porque non pagan eles, Víctor, pagamos os veciños, lles sae gratis e dese xeito
obtemos unha vantaxe. Minten, o que  se di na lengua común,  para perpetuar se no Poder, un xeito de facelas cosas herdanza directa dese grande, grandísimo político profesional chamado José Manuel Cores Tourís, que en realidade é o que manda porén  cada 15 días pasa presuntamente polo Concello para ver “que tal vai o meu”.

O Presuposto xa é o culmen da desfachatez. Tivo solución de continuidade no tempo onte, cun recoñecimento extraxudicial  de créditos que é unha quebra do principio de especialidade temporal, unha excepcionalidade. O ano pasado fóron catro, e estamos en febreiro e aí tedelo primeiro. Hai facturas que pagar é a excusa … sí, 700 racións de pulpo á feira que degustaron na Festa do Albariño, unha inversión para a vila segundo o que dixo o Alcalde. Outro que tal baila, coma
Enrique Iglesias, esto en diferido vai ter unhas resultas do carallo … pos que me digan onde están nunha vila con preto de 1.700 parados onde non hai axudas para material escolar para tódalas familias. “De noche y de día” tamén anda Luis, pero aquí non hai Faro, ese  é o problema ….


Fátima Abal Roma, Voceira do Partido Socialista,  escoitaba coa paciencia propia de alguén que ten que estar fronte a éstos (eso non hai cartos no mundo que o paguen)  incrédula ao escoitar a Letanía do Albariño de novo, coma si unha festa fóra o principal activo dunha localidade. Pos así estamos: non hai economía que aguante, nin os San Fermín,  nen a Feira do Rocío, cando o único fluxo de cartos que hai  son tres meses ao ano, cunha parada o primeiro fin de semana de Agosto.

O seguinte punto do día falaba da Moción do BNG e do PSOE  a prol da posta en marcha dunha pranta de compostaxe para Cambados, semellante a outras localidades coma a Illa de Arousa, que son un aforro de cartos para os
veciños e un benefizo para o medio ambiente, e aquí entrou en escea outra nova figura na pléiade de estrelas do Universo Aragunde, o Economista, Empresario e Concelleiro polo PP de Cambados José Juán  Cores, isto foi a némese do Pleno, ou o que é o mesmo,  hai un antes e despois da súa intervención porque aos que estabamos coma público nos casou sensación. Nun principio contestou á moción decindo que consultara en Internet e que o de Sogama está ben así, que o que  funciona ben  non se toca, que de facer tal cousa tildarían novamente ao PP de actuar con improvisación, palabra estrela na noite de onte, tan estrela coma José Juán. Que aínda que seña máis económico coma non está presupostado pos non vale … que na miña casa teño 2 compostaxes e que non son tan bós como parecen, que cheiran algo mal ….bufff, Fátima lle aconsellou botar algúns toxos para alivialo arume, e lle contestou que ela non o vai facer millor que él, o que provocou aos que estabamos na bancada como público un rictus na cara que é unha mágoa non telo gravado … Víctor lle dixo que cando vas o váter o helyocbater pylori tamén cheira ( defecar é un acto terriblemente humano ) pero así como ven,  se vai, se evapora. Xa estaba armada: seguiu noutro turno de intervencións suliñando as vantaxes de Sogama, unha das xoias da Xunta de Galicia, decindo que alí en Cerceda o cheiro que provoca aquello é o cheiro dun cigarrillo de
tabaco, e que nunha páxina Abertxale, de extrema esquerda (en clara alusión á bancada da Oposición) refrendaba parte do seu relato. ZP, o Bipartito, Jodie Foster, os mantras da dereita para non aceptar á súa reponsabilidade foron o epitafio, e o corolario coma non podía ser doutro xeito do seu Superior en Funcións, Luis Aragunde: “En Cerceda hai un Alcalde Socialista e nunca se queixou”. A ver, Alcalde, tí cando tes que levar a xestión dun Concello e tes unha fonte de ingresos que ven de Sogama ou de Perico de los Palotes en forma de impostos e que supón unha fonte de entrada de cartos os 12 meses do ano,  o que non vas facer é decir que non, porque non se lle pode morder a man a quen te da de comer, digo eu, e moito máis tal como estamos, e non vou mentar que tí máis, ou tí non o fas millor ca min, ou que vostede non debería estar aquí, coma o seu Jefe Rajoy. Gastan unha soberbia, unha mala educación, e un desprecio aos que non son do seu xeito de pensar que asusta pola súa falta de tolerancia.

Tolerancia, empatía cos enfermos de Hepatite  C tampouco
teñen por moito que digan, é máis,  coma o da compostaxe, tamén votaron en contra, a  moción suscrita polos principais partidos da oposición foi encargado de respostala o meu veciño Eulogio Pomares. Teño unha boa relación coa súa familia, pero non entendo que fai metido en política, non o necesita, non é un profesional coma Tourís. En fin, terá as súas razóns e as respeto. Dixo que xa está solucionado o dos fármacos para éstes enfermos (en boa hora) e punto pelota. Nin 1, nin 2, nin 3, que non entende nada do que pide a oposición (e non é a primeira vez). Víctor Caamaño lembrou para xeral coñecimento que a manifestación dos Afectados da Hepatite C segue convocada para o domingo en Compostela, sinal de que os enfermos non confían na palabra de Feijoó, nin da Ministra de Sanidade, e nin mentar a Rajoy, eso hai documentos visuais e sonoros que o corroboran. No Pleno da Deputación Provincial alí estaban, nos pasillos do Parlamento tamén, despós de que os botaran do Hemiciclo unha vez o Presidente da Xunta de Galicia, que ostenta a máis alta representación do Estado Español en Galiza fixera mutis por el Foro no debate e posterior votación desta cuestión (poñede vós o adxectivo para esta forma de comportamento, para min é  indigno de seguir ocupando ese posto). Hai solucións para
todo agás para a morte, e os que faleceron por non ter a tempo á súa medicación esqueceuse Eulogio por completo deles. Se tí sabes, que esta patente está en mans dunha Multinacional, pos fas coma a INDIA, creala tí e a pos de xeito inmediato a disposición dos pacientes. Se non hai celeridade no tratamento aos enfermos, amigo Eulogio, e por mor de non sei cantos trámites regulamentarios hai que esperar, lla proporcionas directamente no seu domicilio, coma están a facer no Sintrom. E se as Multinacionais chían, que lles dean, facer coma a  India, non poden facer nada agás non permitir exportalo medicamento xenérico decindo que non pasa os filtros de garantía / de seguridade que estabelecen as nomas internacionais (as mesmas que dictan eles para se garantir o negocio, por certo). Eu son moi sensible cos temas de educación porque o meu pai é mestre, e tí nesta cuestión deberías selo máis cando o teu, ao que sempre lle estarei agradecido polo trato que me dispensou cando era o meu Pediatra, xurou protexer ás personas da dor e do sufrimento.


Para sufrimento os rogos e preguntas ás  que deu lectura para finalizar o Secretario da Corporación, coma sempre evasivas, monosílabos, e nengunha explicación por parte do Sr. Alcalde, tanto é o caso de que é notorio que esta parte obrigatoria nun Pleno Ordinario non se lle da cumprida conta, sin mentar que parece que se toman a pitorreo o labor de oposición.

PSOE (Regina Núñez , Milagros Martínez  e Fátima Abal).-

1. A depuradora de Covas de Lobos fai un ruído contínuo que fai que os veciños non podan concilialo sono ben, qué fai o Concello? Aragunde dixit: “Non é tema do Concello, en todo caso da Empresa” (quen foi o que lle otorgou a concesión? ) “O estamos investigando”  …  coma sempre a oposición é a que se ten que preocupar  polo benestar  dos veciños ;

2. O cheiro insoportable que provén dos contenedores de lixo, qué foi, Luis ? Aragunde dixit: “Non é problema do Concello, en todo caso da Empresa Concesionaria” Cada canto tempo se limpan ? “Cada 3 meses” (sen comentarios)

O resto das preguntas se contestarán por escrito (Nin que estudara Dereito Aragunde, Verba Volanta Escritum Manet, as palabras voan, o escrito permanece, para que digan que Núñez lle ten manía)

BNG (María Xosé Cacabelos, Teresa Prado e Víctor Caamaño).-

1. Cando está prevista a posta en marcha do Centro de Día, se van cumprir os prazos? Aragunde Dixit: “En Outubro según o previsto” Coma vai ser a súa xestión, Pública ou Privada? Aragunde, xa co reloxo dando as dez da noite en Plan Disney (La Cenicienta): “No lo sabemos”.

Non sabemos o que fan aí, pero aí están. No próximo artigo darei cumprida conta dos temas que aínda restan, e recomendo vivamente o filme xerme deste artigo, é xunto ao Pleno de onte,  de Óscar.

Óscar Manuel Núñez.-
Cinéfilo.






FOTOS: FARO DE VIGO E A TI MEU CAMBADOS.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: