27 de feb. de 2015

MAIONESA DE PIÑEIRO

POR DIEGO CORDEIRO "CAMPIÓN NACIONAL DE TAPAS."
Unha das arbores máis autóctonas da nosa terra e sen lugar a dubida o piñeiro. Na miña terra O Hio, hai un recuncho no
que os piñeiros son os reis, a enseada de Barra. Onde un basto bosque deles decoran as dunas de area fina que se foron creando co paso dos anos co forte vento do norte, que bate todo o inverno e que dá unhas formas caprichosa a estas árbores. Despois de soltar esta leria, preguntarédesvos que ten que ver coa receita desta semana. Ocorréuseme empregar as súas follas, chamadas pico polo Hio, para facer unha maionesa.
Ingredientes:

*        250 ml. Aceite de xirasol
*        50 gr. Folla de piñeiro (pico)
*        1 ovo
*        Sal
*        Pementa branca

O primeiro paso vai ser lavar ben as follas  de piñeiro. É importante que sexan verdes para que solten ben ese arume
característico, ademais de recortarlle o cano marrón que os une. Dámoslle un escaldazo en auga a ferver durante uns segundos, retiramos e escoamos ben.
Nun bol poñemos o aceite de xirasol xunto coas follas e trituramos ben coa axuda dunha turmix. Tapamos con papel film e gardamos durante unha hora na neveira. Sacámolo pasada esa hora e coamos. Xa temos un aceite aromatizado con piñeiro, que gardaremos na neveira tapado durante toda a noite.
Ó dia seguinte poñemos o aceite no vaso da turmix e
votámoslle o ovo, introducimos a turmix ata o fondo e, sen movela, imos batendo ata que se monte por completo. Rectificamos de sal e pementa.

A maionesa de piñeiro é ideal para acompañar peixes con un toque distinto.
                                                                                            
Diego Cordeiro.
NOVA RECOLLIDO DO BLOG A TIXOLA DE HIO
http://atixoladehio.blogspot.com.es/2015/02/maionesa-de-pineiro.html
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: