27 de feb. de 2015

ROI CASAL INICIA A SÚA XIRA 2015 EN CAMBADOS CUN CONCERTO HOMENAXE Á MULLER O 8 DE MARZO.

LUIS EMILIO BATALLÁN ESTARÁ TAMÉN EN CAMBADOS O 17 DE MAIO.
O músico folk Roi Casal ofrecerá un concerto no auditorio da Xuventude de
Cambados o vindeiro 8 de marzo (20.30 horas), Día Internacional da Muller, con acceso gratuito ata completar o aforo. 
Dous anos despois de abrir a Festa do Albariño cun multitudinario concerto, Roi Casal regresa a Cambados nunha cita que pretende ser unha homenaxe á muller nunha xornada moi significativa. 

A xira "Donos do Noso Destino" levará ó músico catoirense por diferentes vilas e cidades galegas, pero ten carácter internacional pois actuará
tamén en Zurich, Montevideo, Bos Aires e A Habana. 

Entre outros temas, Roi Casal interpretará en Cambados temas dos seus últimos compactos como Ninfa das frescas augas, Noite de San Xoán, Máxicamente Vello, Por ti, Rosa, Desenganos, A fortuna de poder amar, Burbullas e A fortuna de poder amar. 

E por outra banda, p auditorio da Xuventude tamén acollerá
outro concerto en maio. Desta volta será do histórico cantautor Luis Emilio Batallán, o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Nesta actuación, o cantante fará un repaso pola súa traxectoria musical de
catro décadas interpretando temas do seu mítico primeiro disco Aí ven o maio e dos outros máis salientables, como Ballet da Nena e Tu retrato, compartido con Pablo Milanés e Joaquín Sabina. 
Ó longo da súa carreira, Batallán musicou letras de escritores galegos como Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Rosalía de Castro, Manoel Antonio e Celso Emilio Ferreiro.
NOVA RECOLLIDA DE:


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: