7 de mar. de 2015

18 CONCERTOS CONMEMORAN O ANO DA MÚSICA, HOMENAXE Á BANDA DE CASTRELO E Ó CONSERVATORIO

TODO ISTO NON  SERVIRÁ DE NADA SENON CULMINA COA ACTUACIÓN DE TREIXADURA NA FESTA DO ALBARIÑO.
Por fin o noso Alcalde Luis Aragunde deuse conta de que a música galega tamén existe e ainda lle “chirrian” os oidos que
na Festa do Albariño do 2014 non houbera ningún grupo de música galega, nin tradicional nin de rock. Algún iluminado lle debeu dicir a Luisiño que Cambados está en Galicia e que aquí facemos a nosa propia música que outros levan polo mundo adiante como Milladoiro ou o mellor grupo de música tradicional afincado en Cambados, Treixadura. 
O  ínclito do noso alcalde, Luis Aragunde, presentou unha programación, moi ben acompañado por certo,  cultural de primavera moi musical, acorde coa celebración do 125 Aniversario da Banda de Castrelo e ó décimo cumpreanos do Conservatorio. Un total de 18 concertos integran o programa dende marzo ata xuño, comezando xa este vindeiro domingo coa actuación de Roi Casal no auditorio da Xuventude
Roi Casal
iniciando a xira Donos do Noso Destino.
O segundo concerto celébrase o sábado 14 de marzo (A Xuventude, 20 horas) coa actuación de Hércules Brass, un espectáculo para escoitar  e para ver, dirixido a todo tipo de público, no que se combina o mellor nivel musical cunha posta en escena pouco convencional.
O venres 20 de marzo, A Xuventude acolle ó grupo  Añoranza Folk en concerto con temas clásicos do seu repertorio.
O sábado 21, San Benito, na Xuventude, os solistas da
Banda de Música de Castrelo
Banda de Música de Castrelo ofrecen o concerto de apertura do ano conmemorativo do 125 aniversario.
O día seguinte, 22 de marzo, será o turno de Zoar. Voz do Vento, un quinteto clásico que presenta (A Xuventude, 20.00 horas) un programa orixinal, innovador e fresco. Unha viaxe por diversos estilos, épocas e lugares.
A seguinte cita musical será o luns 30 de marzo, cunha actuación do Coro Rías Baixas e Orquestra, no marco da Igrexa Parroquial de Santa Mariña, ás 21 horas.
Xa en abril, o domingo día 12, actuará Voluntas, trío clásico de piano, clarinete e violonchelo que nos achegará á música de Beethoven e Mozart, a través dunha interpretación orixinal.
O sábado 25 de abril (A Xuventude, 20 horas) o grupo de percusión Oidako ofrecerá un divertido espectáculo musical e escénico especialmente dirixido ós máis novos. Nesta
Xaquin Xesteira
actuación conta coa colaboración da Banda de Castrelo polo 125 aniversario.
Para o xoves 7 de maio prográmase un Concerto Didáctico dirixido ó alumnado dos colexios de Cambados, unha actividade para achegar ós escolares ó mundo da música e o quefacer diario do Conservatorio e Escola.
O domingo 10 de maio será a Banda de Acordeóns Arosa Bay a que nos deleitará cun concerto no auditorio da Xuventude (20.30 horas).
Para o venres 15 de maio, dentro da programación das Letras Galegas, o auditorio da Xuventude acollerá Canción Galega de Concerto, voz e piano para recrear unha presa de flores de xardin.
Coral Máximo Patiño
O domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, ofértase unha doble cita musical no auditorio da Xuventude: O tradicional Concerto das Letras Galegas (13 horas), que este ano xuntará á Banda de Castrelo e mais á Coral Máximo Patiño de Vilaxoán; e por outra parte (ás 21 horas) o concerto do histórico cantautor  galego Luis Emilio Batallán.
Pablo Milanes e Luis E. Batallán
O domingo 31 de maio novamente a Igrexa parroquial será escenario dun concerto lírico, neste caso do Coro de Cámara de Vigo, composto por 24 voces extraordinarias.
En xuño, o venres día 5, a Praza de Fefiñáns será o escenario para un concerto único e irrepetible. O programa cultural No Bico un Cantar “Os Nenos de Galicia cantan a Cabanillas”. Encontro dunhas 500 voces infantís con alumnado dos sete conservatorios máis importantes das cidades galegas, xunto co Coro do Conservatorio e Escola de Cambados, para homenaxear ó Poeta da Raza.
Orquestra de Saxos de Redondela
O domingo 7 será o turno da Orquestra de Saxos de Redondela que ofrecerá un amplo e ameno repertorio na Xuventude (20.30 hs).
Do 15 ó 19 de xuño celebraranse os concertos e audicións de fin e curso a cargo dos alumnos da Escola e Conservatorio de Música con actos na rúa e colaboracións especiais.
O domingo 21 de xuño remata esta variada programación musical cunha actuación patrocinada polo programa da Xunta Cultura no Camiño.
Insistimos todo isto non valdrá de nada senón culmina na
Treixadura
contratación do grupo afincado en Cambados, Treixadura,  para a festa  do Albariño, é unha reivindicación de todos os que amamos a música tradicional, e estamos seguros de que a Praza estaria a reventar como estivo fai un par de anos en Pontevedra. ¡¡¡TREIXADURA PARA O ALBARIÑO, XA.”
FOTOS; CONCELLO DE CAMBADOS, A VOZ DE GALICIA, A TI MEU CAMBADOS, FARO DE VIGO E TREIXADURA.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: