17 de mar. de 2015

400 EUROS POR CASAR A PARTIR DO 15 DE XULLO TERÁS QUE PAGAR.

O EXPEDIENTE SERÁ TRAMITADO NAS NOTARIAS.
A reforma da Lei do Rexistro Civil non deixa de sorprendernos. Onte José Barreiro delegado sindical da CIG en
Vigo manifestaba en Localia Tv que se barallan uns aranceis duns 400 euros por tramitar un expediente para contraer
José Barreiro
matrimonio, expediente que a partir do 15 de xullo será tramitado polas notarias así como outros expedientes (nacionalidade, troco de nome etc.) que agora se levan no rexistro civil e que son gratuítos.
Ademais vaise ter que pagar tamén por certificación solicitada, e dicir aínda que presuntamente a inscrición tanto de nacemento, matrimonio (non o expediente que
Delegados de CIG-Xustiza en
Galicia
como dixemos vaise cobrar), ou defunción ,   van ser gratuítas, non serán gratuítas as certificacións, así como as fes de vida,  polas cales estase a barrallar o cobro de 50 € por cada unha. 
Todo un negoción. A CIG está a barallar o pelotazo en mais de 1500 millos de pesetas  cos
Xosé Barreiro (dian-
te sentado).
que o PP vai  favorecer a Rexistradores e Notarios.
O problema non é un problema dos funcionarios da Administración de Xustiza que está a protestar por esta privatización, o problema é dos cidadáns que lle ven enriba outro imposto mais.
Tamén as empresas van ser fortemente prexudicadas pois a lei prevé un pago de  800 a 6000 por legalizar os libros da empresa e
ademais vano ter que facer anualmente non para sempre como se facía agora.
Representantes sindicais de CCOO, SPJ- USO, UGT, CSI-CSIF, CIG e STAJ, da Plataforma SOS Xustiza e, funcionarios do Rexistro Civil de Vigo, mantiveron unha xuntanza onte coa deputada e portavoz
autonómica de AGE, Yolanda Díaz, nunha rolda de contactos que de xeito conxunto estamos a realizar coas institucións, asociacións, operadores xurídicos e partidos políticos, para tentar parar a privatización do Rexistro Civil, cuxa xestión será entregada aos
Rexistradores Mercantís. Mañá reunense coa deputada do Bloque Olalla Fernández Davila.
José Barreiro, representante en Xustiza da CIG aludiu ademais ás “nebulosas” da privatización, xa que ate o de agora solo se coñece que será efectiva o 15 de xullo, por non se explicou como se levará a cabo o proceso. 
Traballadores da xustiza e sindicatos piden a colaboración dos alcaldes para dar a coñecer as consecuencias da privatización a cidadanía.
Luis Aragunde non se quere enterar.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: