16 de mar. de 2015

UN VESTIDO DE EVA SOTO PASA A CONFIGURAR A COLECCIÓN DO MODA DO PRESTIXIOSO MUSEO AUTOMOBILÍSTICO DE MÁLAGA

ESTARÁ NA MESMA SALA QUE VESTIDOS DE BALMAIN,  UNGARO, YVES SAINT LAURENT, SERGE LEPAGE, LORIS AZZARO, MUGLER, LOUIS FÉRAUD,   E CHANEL
A deseñadora cambadesa Eva Soto da outro pasiño mais dentro da súa fulgurante carreira pois o prestixioso Museo Automobilístico de Malaga ven de adquirir para súa elitista colección de vestidos un modelo  que Eva denominou “Big
Bang” un vestido-escultura de Eva Soto. Estará na mesma sala  que os vestidos de deseñadoras da valía de Balmain,  Ungaro, Yves Saint Laurent, Serge Lepage, Loris Azzaro, Mugler, Louis Féraud, Lanvin e o mítico  conxunto  Chanel que lanzou  á  marca a la fama
Matemática en estado puro é como podería definirse este deseño en tons laranxados que desafía á gravidade con formas xeométricas imposibles.
Preséntase acompañado por unha decoración con bombillas de televisión que simboliza o alcance e o impacto mediático na sociedade global contemporánea . O vestido foi encargo e mercado polo museo en cuestión.
Fotografía: Eduardo Apariz
Modelo: Aless Apariz
Deseño: Eva Soto Conde
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI


Ningún comentario: