9 de mar. de 2015

A ASOCIACIÓN CULTURAL CORVILLÓN “XIRONSA” CAMBIA DE PRESIDENTE

LISO
"LISO" GONZALEZ ROMA, SUSTITUE NO CARGO A ESTHER CASALDARNOS.
O sábado quedou constituída a nova directiva da Asociación Cultural Corvillón mais coñecida por “Xironsa”. A única candidatura presentada era a presidida polo xa directivo “Liso” González Roma quedou refrendado pola Asemblea como
novo presidente. Estará acompañado por Alejandro Carro como vicepresidente, como secretaria estará Ana Charlin, como tesoureira Ana María Castro e como vogais titulares Victor
Crespo, Rosa e Toño Seren e como vogais suplentes estarán Santi Padin, Teo Rodriguez Sita Saborido e Nacho. Na cea anual que se vai celebrar o vindeiro sábado no restaurante Forniños de Corvillón, “Liso” estreará o seu cargo. Esther Casaldarnos deixou o cargo por
razóns estritamente profesionais, despaois de facer unha boa labor. A asociación Xironsa é a mais bulideira de Cambados, participa e organiza multitude actos culturais e rutas de senderismo ao longo do ano así como participa en todos os actos que a invitan pero o ano pasado podemos dicir que chegou ao clímax do
éxito coa organización do XIV festival Xironsa que tivo lugar o o 30 de Agosto coa participación de grupos como Banda de Música de Castrelo, Peter Punk, Circo Chosco, Xironsa, Boudebou Gaiteiros, Carapaus, Radio Cos, e A banda de Balbina. A comida asistiron mais de 300 persoas con participación de todos os grupos políticos con representación no concello de Cambados,  e a asistencia do propio Alcalde Luís Aragunde. O reto da nova directiva é seguir con todas actividades e superar na medida do posible o XIV Festival Xironsa, que en si é todo un desafio. Sorte a nova directiva.

Ningún comentario: