10 de mar. de 2015

UN ATENTADO CONTRA A HISTORIA DE CAMBADOS

E SI O ARQUEÓLOGO MUNICIPAL NON FORA ARQUEÓLOGO?
“A tantas veces citada Lámbrica, un tempo “centro de poder semita na ria de
Arousa, aniquilada por completo polas mans crueis do tempo, das augas e dos homes”, foi moitas veces visitada
polas naves fenicias que dobrando a punta de San Vicente se adiantaban cara o poderoso porto cuxa entrada alumeaba o faro  que aínda hoxe existe (torre de San Sadurniño) e cuxas derruídas paredes vate o mar nos días
da súa ira (Historia de Galicia de Murguia). Ignorase  a época da súa construción. O que si sábese con certeza é que foi reparada polo bispo Sisnando o mesmo tempo que a da Lanzada e as do Oeste…”
Isto que acabades de ler está publicado no libro “Cambados a la luz de la historia” (1933) do
historiador cambadés José Caamaño Bournacell, historiador oficial da vila de Cambados ate o seu pasamento e que un individuo posto a dedo por Luís Aragunde e que si de arqueólogo acaba de tirar por terra sen fundamento
científico algún. Todo un atentado a historia de Cambados, e a nomes como Murgia, Cabanillas, Francisco Fernandez Rei ou Jacobo Dominguez entre outros.
A arqueoloxía carece dunha licenciatura propia, polo tanto, dun título que acredite como “arqueólogo”. Isto trae como consecuencia a
carencia no campo da investigación e moito máis significativamente, na práctica. A desregulación da profesión promove a falta de valoración profesional e de regulamentación en
relación aos dereitos, aos deberes e as competencias profesionais. Polo tanto autodenominarse arqueólogo como fai o empregado municipal contratado a dedo Angel Acuña, é pouco menos que unha ousadía ou unha “chulería”. Este home que gaña vindo dúas veces a semana mais que calqueira funcionario do concello está posto a dedo por Luís Aragunde ou imposto ao mesmo e a súa función podía facer perfectamente o Arquitecto Técnico Municipal Pelayo Eyo o que nos evitaría un soldo e sobre todo que se cambiara gratuítamente a historia de Cambados sen fundamento algún como recoñece el mesmo. Antes de dicir certas cousas hai que estar moi seguro.
O que afirma no artigo de hoxe do Faro de Vigo Angel Acuña, autodenominado arqueólogo municipal é todo un atentado a historia de Cambados e si o Alcalde de Cambados tivera dous dedos de fronte asinaría o cese fulminante deste insolente.
FOTOS: PANORAMIO.ES, GALICIA.INFO, FOTOGRAFIA SUSO, GRUPOTAHIS.COM, GEOCACHING.COM ,  FARO DE VIGO E EDUARDO APARIZ.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: