10 de mar. de 2015

TODO UN ESPECTÁCULO TEATRAL O DOMINGO NO AUDITORIO

O COLECTIVO FEMME FATALE PRESENTA “BABEL” CO CAMBADÉS ADEMAR SILVOSO COMO PROTAGONISTA.
O vindeiro domingo os cambadeses temos a inmensa sorte de acudir a todo un espectáculo teatral que vai ser representado
polo colectivo Femme Fatale “Babel” (Canto de Sereas), e aínda por riba o seu protagonista é o actor cambadés
Ademar Silvoso. 
Babel Está inspirado na estética  e a linguaxe cinematográfica de Won Kar Wai. É unha obra de cabaret contemporáneo de alto contido visual e erótico que pivota aredor da creación literaria, as perversións sexuais e o suicidio como liñas dunha historia retrofuturista nunha cidade imaxinaria onde non existen as convencións sociais e onde as cousas amósanse tal como son.
O elenco de actores encabézao o
cambadés Ademar Silvoso  no papel de “Carlos o escritor”, Olga del Rio como “Carmen a coleccionista”, Alba F. Troiteiro como “Diana, enigmática e críptica”, Paloma Saavedra “A musa sen nome”, Santiago G. Telmo como “Claroscuro, a personaxe”, Arantxa Treus como “Nerea, trapichera e politoxicómana” e Rocio Romero Otero como “Alia, a diva”.
O guión e Dirección está a cargo do prestixioso Nelson Quinteiro.
Este domingo 15 de marzo no Auditorio "A Xuventude" de Cambados as 19:00 horas.
Entradas en despacho de billetes, ao módico prezo de  6 € (5€ con tarxeta do paro, carné mozo estudantes e maiores de 65 anos).
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI


Ningún comentario: