10 de mar. de 2015

ÉXITO DO MERCADILLO SOLIDARIO DE SOS PANADEIRA

Dende SOS PANADEIRA, agradecen a todos os que en prol dunha participación solidaria fixeron do día 8 de Marzo un día de festa, un éxito de participación e recadación; de reutilización e concienciación; de sol e
sinerxía positiva; de música e arte; de pedagoxía e diversidade.
550 € para alentar a loita e osixeno rico en afecto dende: Vilagarcía, Coruña, Vigo, Suíza...
Grazas a un acto cultural que á vez se organizou en Sanxenxo do que a protagonista era Sonsoles Onega, puidemos agradecer a través dun
regalo da nosa mellor literatura SOS PANADEIRA de gran valor e como sempre custo cero a Fernando Onega a resplandecente defensa das praias que protagonizou en TVE e da que non podemos máis que ser debedores como cidadáns de Sanxenxo. Sonsoles recibiu de bo grao e empatía a nosa misiva aceptando o compromiso de entrega ao que dende logo se prestou sen dubidalo.
GRAZAS SR. ONEGA
Fernando Onega e a súa filla Sonsoles
As praias da Panadeira e a Iriña asinan co Sr Onega un pacto de amizade e rubrican cunha cuncha clara e relocente coma as palabras que usou para defendelas.
Cando os seus pes o acheguen a una Praia, pode ter gañado o creto de que aínda é pública grazas a persoas coma vostede.






Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI


Ningún comentario: