10 de mar. de 2015

O CINEASTA CAMBADÉS JUAN GALIÑANES E A SÚA COMPAÑEIRA OLGA OSORIO NOMINADOS AOS PREMIOS MESTRE MATEO.

O cambadés Juan Galiñanes ven de ser designado candidato aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor Vídeo-clip xunto a sua compañeira Olga Osorio polo vídeo Garden´s Road do grupo coruñés Escuchando
Elefantes para a productora Miss Movies.
O  video clip Garden´s Road, codirixido con Olga Osorio para o grupo coruñés "Escuhando Elefantes", leva máis de 20 seleccións en festivais internacionais e foi
premiado en FARCUME(Portugal) ou no Desert Rocks Film and Music Event (California).
Juan Galiñanes é realizador, guionista e montador. Na actualidade traballa como freelance ao mesmo tempo que prepara o seu novo proxecto de longametraxe, Fatum (título provisional) coa produtora galega Vaca Films, quen recentemente adquiriu tamén os dereitos doutro guión seu, "Quien a hierro mata".
Nova recollida de CORES DE CAMBADOS.
VIDEO CLIP NOMINADO: 

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: