OU COMO INTENTAR ENGANAR A XENTE POR MEDIO DUN NOME.
Estes días estívose a falar dabondo tanto nos medios convencionais así como na “rede” da nova formación política “Cambados Pode” incluso este blog
adicoulle un artigo que titulábamos “Cambados Pode, ou Cambados Fode”. Nel entre outras cousas faciamos entrever
que esta formación non deixa de ser mais que unha escisión do Partido Popular de Cambados capitaneada na sombra por Ramón Abal e poñendo como cabeza visible para dar sensación de novidade e frescura ao seu fillo José Ramón Abal, diciamos tamén nese artigo que outra filla de Ramón Abal, Mónica Abal, xa fora tamén concelleira do PP na lexislatura de
2007 a 2011. Outra cousa son as intencións desta formación política que para algúns o seu único obxectivo e dispersar mais o voto para favorecer claramente ao PP. “Son os mesmos cans con outros colares”.
adicoulle un artigo que titulábamos “Cambados Pode, ou Cambados Fode”. Nel entre outras cousas faciamos entrever
![]() |
Ramón Abal |
![]() |
José Ramón Abal |
Pero ademais esta formación fai uso dun nome que nos entendemos que en teoría non debería poder utilizar e non é outro que o de “Cambados Pode”, en clara alusión a “Podemos Cambados, forzas que veñen ser a antítese unha
de outra. "Cambados Pode" como diciamos é o Partido Popular sen mais, se queremos unha escisión, soa rancio, antigo, en definitiva a dereita mais dereita do noso pobo en contraposición a "Podemos Cambados" que é a frescura, a novidade, limpos de corrupción, intelixencia, transparencia, asemblearismo , xente nova que non
está podre… en fin, novo aire para a política cambadesa. Diciamos tamén no mesmo artigo que podía prosperar tranquilamente unha demanda de Podemos Cambados por utilización do nome similar ao deles, “Cambados Pode é a noite e Podemos Cambados é o día” non nos confundamos.
![]() |
Xano Fariña "Podemos Cambados" |
está podre… en fin, novo aire para a política cambadesa. Diciamos tamén no mesmo artigo que podía prosperar tranquilamente unha demanda de Podemos Cambados por utilización do nome similar ao deles, “Cambados Pode é a noite e Podemos Cambados é o día” non nos confundamos.
FOTOS: Faro de Vigo, Diario de Arousa e A TI MEU CAMBADOS.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario