12 de mar. de 2015

ACTO PRESENTACIÓN "SELFIES CONTRA A "AME"

Mañán venres dia 13 farase a presentación ante os medios de comunicación dun acto sen precedentes en Cambados. Merchi Álvarez Fernández acompañada do caricaturista
"Gogue" Rodríguez e o pintor Lino Silva xunto ao alcalde Luís Aragunde farán a presentación 
dun evento a celebrar o dia 28 deste mes que servirá para recadar fondos para FUNDAME que é a Fundación Atrofia
Muscular Espinal. FUNDAME, é unha fundación privada, constituída para dar a coñecer unha enfermidade que aínda non se pode curar e como non é unha enfermidade estrela non recibe suficientes recursos. Son estas dúas das razóns fundamentais que favoreceron e estimularon a creación de FUNDAME,  unha fundación impulsada por un grupo de familias e afectados de AME.
NOVA RECOLLIDA DE CORES  DE CAMBADOS.
FOTO: FARO DE VIGO.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: