ESTE É O CASO DE LUIS ARAGUNDE CON VERTEDOIRO EN CORVILLÓN DENUNCIADO FAI 4 MESES POLO BNG
O BNG de Cambados, ven de facer constar no Concello de Cambados que o 13 de novembro do pasado ano, denunciou un vertedoiro incontrolado en Corvillón e solicitou ao concello a súa eliminación afirmando, nesa data, que
“veciños/as de Corvillón puxéranse en contacto co noso grupo municipal para trasladarlle información relativa a que en terreos da súa parroquia, concretamente na pista que vai por detrás da Adega “Don Olegario”, nas proximidades da canceira municipal, existía un vertedoiro de lixo que estaba sendo utilizado, desde había algo máis dun mes, para verter ilegalmente diferente tipo de residuos e que día a día a acumulación do mesmo ía crecendo”. Ademais naquel momento, o BNG apuntaba que o concello de Cambados tiña, tristemente, a experiencia de comprobar como cando o lixo leva xa un tempo depositado nun lugar sen ser eliminado, córrese un maior risco de que outras persoas utilicen igualmente este punto de vertido para seguir depositando lixo nel. A día de hoxe esta afirmación queda demostrada pois, ante a desidia e desinterese do concello, o volume de residuos neste vertedoiro incrementouse considerablemente e semella que non parará de crecer, a non ser que se actúe con
celeridade. Ao BNG lle parece lamentable a falta de interese
mostrada polo concello por solucionar esta situación e, polo tanto, ven a solicitar que de novo sexa, inmediatamente, eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal de Corvillón e insiste en que, no futuro, sexan realizados controis periódicos con finalidade preventiva polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que este tipo de feitos se fagan tan habituais. Igualmente, volve a solicitar, como fixo no pasado e sen que o concello fixera ningún caso, que se realice unha campaña de promoción do Punto Limpo de Cambados (ubicación, horarios de atención ao público, tipos de residuos que almacena) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario