BOTA POR TERRA A TEORÍA DO ARQUEÓLOGO MUNICIPAL ANGEL ACUÑA, MENTRES O ALCALDE DE CAMBADOS CALADO COMO UN MORTO
Aparte da defensa a ultranza que está facendo este blog do orixe fenicio da Torre de San Sadurniño comprobamos
tamén no blog “FOTOS ANTIGAS DE CAMBADOS” que administra a profesora Maribel Iglesias que tamén se inclina pola mesma teoría e así comenta que a propósito da aparición no Faro de Vigo dalgunhas novas relacionadas coa orixe da Torre de San
Sadurniño, expresa nunha entrada unha idea que comentou o contrastado arqueólogo vilagarcián Vicente Caramés (arqueólogo do Museo de Mar de Galicia en Vigo, dependente da Xunta de Galicia) nun curso da USC celebrado no Pazo de Vista Real o pasado verán. Apuntaba V. Caramés que o illote de San Sadurniño ven pudo ter presencia de poboación fenicia, ou máis ben púnica ou cartaxinesa.
![]() |
O contrastado arqueólogo Caramés |
Sadurniño, expresa nunha entrada unha idea que comentou o contrastado arqueólogo vilagarcián Vicente Caramés (arqueólogo do Museo de Mar de Galicia en Vigo, dependente da Xunta de Galicia) nun curso da USC celebrado no Pazo de Vista Real o pasado verán. Apuntaba V. Caramés que o illote de San Sadurniño ven pudo ter presencia de poboación fenicia, ou máis ben púnica ou cartaxinesa.
Esta presencia, continua o citado blog, púnica está documentada na illa de Toralla, Vigo, e na Lanzada e se nos
fixamos nas fotografías a fisonomía do enclave de S. Sadurniño é moi similar. Os navegantes cartaxineses non tiñan aínda cartas náuticas, practicaban unha navegación seguindo a costa e buscaban sempre enclaves doadamente defendibles e recoñecibles, esas dúas características as teñen todos os puntos citados, dende Cartago en Túnez, pasando por Cádiz, Torralla, A Lanzada e S. Sadurniño. Cremos por tanto que a hipótese de Caramés pode ser moi atinada. Un motivo máis para excavar (anque sexa parcialmente) en Santomé.

Cartago, Túnez, onde os fenicios procedentes do Mediterráneo oriental (actual Líbano) estableceron unha próspera colonia. Dende Cartago estendéronse cara a península Ibérica, en Gádir (actual Cádiz) fundaron outra importante colonia. Está documentada a presencia cartaxinesa en Galicia por exemplo na cerámica aparecida en moitos castros das Rías Baixas como o de Sta Tegra.
Como vedes a teoría inconsistente do arqueólogo municipal posto a dedo por Luis Aragunde, quen está calado como un peto, non se sostén nin o mais mínimo grazas as contudentes teorías do profesor vilagarcián Sr. Caramés.
SEGUNDO A TEORIA DE CARAMÉS VEXANSE OS SEGUINTES ECLAVES ASENTADOS SOBRE UN ILLOTE QUE AGORA ESTÁN UNIDOS A TERRA POR UN TÓMBOLO OU BARRA DE AREA, CON ORIXE FENICIO:
San Tomé Cambados.
Cadiz
CARTAGO
A LANZADA
TORALLA (VIGO)
Nova recollida de “FOTOS ANTIGAS DE CAMBADOS”
FOTO DE CARAMÉS: FARO DE VIGO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario