É evidente que a Igrexa Católica está misturada na nosa sociedade queiramos algúns ou non. É evidente tamén que é a crenza maioritaria porque a veces inconsciente ou conscientemente rexistramos como católicos aos nosos fillos sen saber se nun futuro queren selo ou non, é evidentemente tamén que certos curas
veñen facendo política de dereitas dende a igrexa. E evidentemente tamén que a igrexa é un negocio mais e así o
vemos en multitude de parroquias catedrais e incluso o propio Vaticano. É evidente tamén que o PP e a igrexa están unidos con eslavóns irrompibles aínda que algúns dirixentes non crean, eles cumpren igual ca igrexa como pasa con algún alcalde (cinismo puro). Pero o que pasou este fin de semana na parroquia de Bamio é de traca, lamentable espectáculo o dado por Fole e Louzán a dar todo un mitin dende o púlpito. Ningún periódico convencional e repetimos ningún periódico convencional fixo a menor critica de tan deplorable suceso. Evidentemente a culpa de todo non a ten Louzán nin Fole, tena o Sr. Párroco de Bamio ou quen faga esas funcións por permitir tan lamentable episodio. A min isto lémbrame aquel episodio no templo de Xurasalen no que Xesús viu o patio "cheo de gando" e táboas de cambistas, que cambiaban as moedas gregas e romanas por moedas xudías e tirias (as únicas que podían ser usadas nas cerimonias do Templo). Xesús molestouse tanto, contan os cristiáns, por esa situación que formou un látego con varias cordas e a golpes fixo saír ao gando e tirou as mesas dos cambistas e dos vendedores de pombas, facendo caer as moedas polo chan. Me gustaría que nese intre do “mitin político” (aínda que non crea nel) aparacera o tal Xesús e fixera o mesmo con Louzán, Fole o párroco e os fieis que estaban nun mitin político nunha igrexa católica. Gustariame preguntarlle ao Sr. Cura párroco si fora o PSOE, AGE, BNG ou PODEMOS permitiría tamén un mitin na súa parroquia.

Pero xa estamos acostumados a que se faga negocio e política dentro da igrexa e así vemos como algún cura párroco dalle poderes a unha veciña do pobo para facerse con toda a recadación dun venerado xudío nacido ao parecer Nazaret ou como son as poxas doutro santo moi milagreiro da zona onde vemos como o “Pastor” ao vender as óuvellas mete os cartos no peto. Ou como levamos a bandeira dos Panos Brancos contra a droga e logo permitimos que "narcos" collan sacramentos reparen igrexas ou merquen mantos para virxes e santos.
A hipocresía e o cinismo mais absoluto reina na Igrexa católica e isto nunca se debeu permitir, non haberá locais en Bamio e arredores para reunirse con veciños que non sexa na Igrexa, isto aínda que sexa duro dicilo é prostituír a institución, a igrexa é para o que é e non para facer mitins políticos.
FOTOS: A VOZ DE GALICIA E FARO DE VIGO.
ENLACES RELACIONADOS:
http://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/vilagarcia-de-arousa/2015/03/15/louzan-tomas-fole-prometen-mejoras-entorno-iglesia-bamio-pulpito/0031_2015034112335272001.htm
http://www.diariodeferrol.com/opinion/ernesto-vale-carballes/cura-bamio/20120729032204024564.html
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario