“Moi productiva”, así califica a candidata socialista a xuntanza celebrada onte no centro cultural de Oubiña, e que baixo o lema “achégaTE a Fátima Abal” é a primeira dunha serie de reunións cos veciños e veciñas das parroquias, as grandes esquecidas da xestión do Partido Popular en Cambados.
“O goberno municipal só se preocupa de
manter as apariencias de cara a fora, ainda que eso supoña escatimar nos servizos que a xente das zonas rurais precisa e
merece –explica Fátima Abal-. Nós en cambio cremos que, lonxe de gobernar para a galería, para quen hai que gobernar é para os veciños e veciñas. Por eso puxemos en marcha estas xuntanzas, porque ninguén coñece mellor a realidade dun lugar que a xente que vive nel. A xente ten que ser a protagonista da axenda política, e non ao revés como sucede actualmente en Cambados, onde os gobernados están ao servizo dos gobernantes.”

A xuntanza transcorreu nun tono distendido, no cal as persoas que se achegaron expresaron a súa visión da realidade de Oubiña,
das súas carencias pero tamén das súas potencialidades. “A xente está cansa de gobernantes que non escoitan aos veciños, a xente demanda cercanía, que os seus problemas e preocupacións sexan escoitados e atendidos, para ser resoltos coa maior celeridade posible.”

Nas vindeiras semanas continuará esta serie
de xuntanzas polas diferentes parroquias, a próxima será en Castrelo. Unha axenda de reunións que dende o PSOE avanzan que manterán se chegan ao goberno municipal. “O noso compromiso coa participación veciñal é firme. Por eso, se os veciños e veciñas nos dan a súa confianza para gobernar, manteremos con eles unha serie de reunións periódicas, nas que analizaremos con eles a
nosa xestión.”

AS FOTOS QUE ILUSTRAN A NOVA SON DO PÉSIMO ESTADOS DALGUNHAS ZONAS DA PARROQUIA DE OUBIÑA.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario