9 de mar. de 2015

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS TACHAN DE “MENTIRA CONTINUADA” E “PROPAGANDA ELECTORAL” O ANUNCIO DA REFORMA DA CUBERTA DA PISCINA MUNICIPAL

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS RESPALDAN O MANIFESTO DO PSOE POLO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES TRABALLADORAS, E ALERTAN DO RETROCESO VIVIDO NOS ÚLTIMOS ANOS EN MATERIA DE IGUALDADE.
As Xuventudes Socialistas de Cambados saíron hoxe ao paso do anuncio dun acordo entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para a reforma da cuberta da piscina municipal a dous meses das eleccións municipais. 

O Secretario Xeral, Ismael Agra, asegurou que “trátase
dunha mentira máis de Luis Aragunde, quen pretende enganar aos cambadeses a dous meses das eleccións xa que durante toda a lexislatura non foi capaz de cumprir nin unha soa proposta do seu programa electoral”. 

Asemade, Ismael Agra recordou que “esta obra lévase anunciando tres veces dende o 2008, polo que xa estamos acostumados a que as promesas do PP se queden en nada”. “O capricho do Partido Popular de ter esta cuberta estalle saíndo moi cara aos cambadeses, xa que teñen que asumir o custe da electricidade mentres o delegado da Xunta e exalcalde só pisa Cambados para sacarse fotos, pero non foi capaz todos estes anos de licitar esta obra”, engadiu o Secretario Xeral. 

“En 2010 anunciouse a cesión á Xunta de Galicia para a reforma, e en 2011 fomos as Xuventudes Socialistas as que denunciamos que a Xunta, co seu delegado en Pontevedra á cabeza, Cores Tourís, volvía a abandonar esta obra”, afirmou Ismael Agra. 

“Cambados non merece un Alcalde que non é capaz de reclamar aos seus compañeiros de partido que colaboren co Concello para solucionar un problema, síntoma de que o Partido Popular pasa olimpicamente da nosa vila”, sentenciou o Secretario Xeral. 

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS RESPALDAN O MANIFESTO DO PSOE POLO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES TRABALLADORAS, E ALERTAN DO RETROCESO VIVIDO NOS ÚLTIMOS ANOS EN MATERIA DE IGUALDADE.

Os socialistas animan a participar nos actos conmemorativos e, sobre todo, reivindicativos deste domingo 8 de marzo, día internacional da muller traballadora.  A portavoz Fátima Abal sinala que “nos últimos tempos estamos vivindo un perigoso retroceso nos dereitos das mulleres, por eso é fundamental que tomemos conciencia da importancia que teñen as
políticas activas de igualdade. Por desgraza, o machismo está todavía moi arraigado na nosa sociedade, e cando o poder político non toma medidas para frealo este vólvese máis forte, como vemos que sucede agora, dende que goberna Rajoy”
Para os socialistas apostar pola igualdade é fundamental, vai no noso adn, no modelo de sociedade ao que aspiramos. Conseguironse moitos logros nas últimas décadas, e todos eses logros viñeron da man de gobernos socialistas. Por eso é fundamental seguir avanzando e non dar nin un paso atrás. Porque queda todavía moito traballo por facer.
Fátima Abal sinala que un dos ámbitos no que máis se debe traballar é na educación: “é imposible avanzar na corresponsabilidade e no reparto das tarefas si non hai unha
labor educativa, tanto a nivel escolar como sobre todo nos fogares. Por desgraza, vimos dunha sociedade patriarcal, na cal tradicionalmente se impoñía que as tarefas da casa e o coidado dos/as fillos/as eran un ámbito feminino, mentres que os homes tiveron sempre unha maior autonomía. Afortunadamente, nas últimas décadas esa mentalidade está cambiando, cada vez o reparto das tarefas é máis igualitario. Estamos no momento de romper esa rémora histórica, a pesar da resistencia de moitos dirixentes que están empeñados en volver ao patriarcado. A sociedade está avanzando máis que moitos dirixentes, por eso é importante un poder político que apoie activamente as políticas de igualdade”
Fotos: A VOZ DE GALICIA, DIARIO DE AROUSA. CAMBADOS.ES. FARO DE VIGO
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: