6 de mar. de 2015

“CAMBADOS PODE” OU “CAMBADOS FODE”

José Ramón Abal Varela
Parece ser que o final imos ter que rectificar, aínda que non está  confirmada polo de agora a presentación da candidatura (parece ser que o confirman dentro de tres semanas),  pois todo sinala  que nestas Municipais 2015 en vez de tres formacións políticas como viña sendo habitual, imos ter catro pois vai irromper na escena electoral unha formación
denominada “CAMBADOS PODE”. Un amigo noso dicíanos concretamente: “Isto esta detrás o PP fixo, estes seguro que fixeron unha enquisa ou sondaxe e viron o mellor a cousa xusta e poñen esta lista en teoría independente para repartir
Alvaro Rodriguez e Ramón Abal
mais o voto e beneficialos a mais votada e se sae un dos independentes que os apoie na investidura…”. Unha teoría coa cal pódese o non estar da cordo pero que ten o seu razoamento e o seu fundamento. As probas nos remitimos o que rexistra a candidatura é José Ramón Abal Varela, a sazón fillo de  Ramón Abal Nº 2 de Independentes por Cambados, formación que liderou no seu dia o avogado Alvaro Rodriguez, Ramón Abal é  pai tamén de
Mónica Abal
Monica Abal, quen foi concelleira do Partido Popular , concretamente ía co número 6, na lexislatura de 2007 a 2011 que lideraba  o caudillo de Oubiña o ínclito Tourís. Con estes antecedentes a teoría do noso amigo adquire cordura e forza pois Ramón Abal é como o Gudiana, aparece  e desaparece do PP segundo lle conveña.
Entón preguntarédesvos o porque o de “Cambados Fode”, si se confirmará esta teoría  o nova formación viría a “foder” a PSOE e BNG pois cantas mais formacións haxa mais favorece a posible forza mais votada que ninguén dubida a estas alturas que vai ser o PP, agás os votantes da nosa enquisa que din que van votar maioriatariamente ao PSOE, os do PP tamén poden pensar que os poden foder fois pode ser que lle reste votos sobre todo en Vilariño. Por outra parte Podemos podería emprender acción legais contra esta formación polo  parecido do nome pois lembremos que “Podemos Cambados” é unha forza rexistrada como tal dentro de Podemos e a súa mais que coincidencia co nome da nova formación “Cambados Pode” é mais que evidente. 
A nova forza como a maioría das novas formacións
A.Rodriguez e Ramón Abal
“Podemos”, “Ciudadanos” etc, nace sen definirse politicamente o seu presidente José Ramón Abal di que a formación non se define nin de dereitas nin de esquerdas, é unha plataforma aberta a todos os veciños.
Pese a ter  o seu nacemento en Vilariño o símbolo da nova forza política vai ser ao parecer a  Torre de San Sadurniño,  símbolo de Santo Tome por excelencia, o cal non deixa de ser paradoxico, aínda que por suposto teñen todo dereito a usala como símbolo pois son de Cambados como o que mais.
Por último dicir e a modo de complemento de datos que José Ramón Abal Varela e neto do mítico gaiteiro Secundino Abal e familiar tamén  do mítico bombeiro de Faíscas o lembrado Ernesto Abal.
FOTOS: “LA VOZ DE GALICIA”, FARO DE VIGO,
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: