6 de mar. de 2015

SOS PANADEIRA MONTA UN MERCADILLO SOLIDARIO EN SANXENXO.

A Praza dos Barcos acollerá este domingo unha nova actividade de SOS Panadeira. Trátase dun mercadillo solidario no que o colectivo vecinal dará a saída a material moi diverso, e farao a
un prezo único: un euro.
O Concello cedeu a SOS Panadeira dez casetas das que
utilizan habitualmente con motivo da Feira dá Cebola. E SOS tratará de diversificar a súa oferta. Cada un dos membros deste colectivo aportará cousas diferentes e os comerciantes que colaboran coa iniciativa farán tamén a súa achega.
Así, música de non rabiosa actualidade; libros que non son top vendas; revistas especializadas xa lidas; roupa usada e, nova en stock para algúns establecementos; e un sinfín de obxectos deses que se acumulan nos trasteiros pero que poden ter uso en calquera fogar e en
perfecto estado, poderán ser adquiridos este domingo ao prezo de 1 euro.
Aínda que os organizadores desta iniciativa ofrecen tamén outra posibilidade. A de comprar unha tarxeta por cinco euros, o que dá dereito a
facerse con seis artigos diferentes.
Os stands abrirán as súas portas ao redor das 12 da mañá e estarán atendidos ata as 20 horas.
SOS busca así un dobre obxectivo, por unha banda recaudar fondos para facer fronte aos gastos xudiciais derivados da cascada de xuízos, a mayoria por faltas, que están afrontando estes días e por outra manter viva a súa
reivindicación.
Esta é a liña que seguirá SOS ata que haxa unha resolución xudicial ao contencioso-administrativo presentado polo colectivo.
E é que os stands darán pé aos activistas de SOS a dar saída ás camisetas elaboradas o pasado verán e, con tal motivo, explicar a quen se acheguen a Sanxenxo este domingo cales son as razóns que lles levan a manter activo conflito que enfronta aos cidadáns de Sanxenxo coa administración autonómica.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: