5 de mar. de 2015

LUÍS ARAGUNDE VOLVE A DISCRIMINAR A MULLER DE ESQUERDAS NO DIA INTERNACIONAL DA MULLER

NUNCA UNHA MULLER QUE NON FORA SIMPATIZANTE DO PP FOI  RECOÑECIDA A SÚA LABOR.
O domingo día 8 é o dia internacional da muller traballadora, ese muller discriminada ultimamente por seres tan reprobables como o defensor do PP nas tertulias de Ana Rosa, Arcadi Espada,  cando di este energúmeno “que considera que debería forzarse a abortar ás nais que
esperen un fillo con, por exemplo, o síndrome de Down”, ou seres tan vomitivos como Javier Nart que chega a dicir: “a muller que xeneticamente poida ter nenos "defectuosos", debe esterilizarse (para non ter un fillo nunca) en lugar de abortar "si non lle gusta o que vai ter".
Pois esta xente afín a dereita é a que denigra a muller, non vaiades pensar que o noso alcalde Luís Aragunde  ten unha mente moito mais ampla que estes dúos. A hora de facer o recoñecemento a muller traballadora que  dende fai uns anos ven organizando o concello de Cambados, ¡oh casualidade!, todas as mulleres recoñecidas sempre son afíns ao PP, monxas, asociacións de mulleres a fins ao partido, cargos
públicos afíns ao partido etc, para Luís Aragunde nunca, repetimos nunca encontra unha muller progresista para recoñecer, ningunha muller a fin ao PSOE ao BNG ou simplemente de esquerdas, foi recoñecida ate o de agora polo Alcalde Luís Aragunde nin o será, e non nos digades que non hai mulleres de esquerdas merecedoras dese recoñecemento, non é por dar nomes pero hai moitas mais que na dereita, so vou dar un  que desgrazadamente xa non está entre nos "Lola  a Rodiña", muller loitadora, como ningunha. O domingo Luís volve a recoñecer a unha serie de mulleres afíns as súas ideas e o seu partido volvendo a discriminar as mulleres que realmente o merecen que son as mulleres loitadoras, as mulleres de esquerdas, as mulleres progresistas. E triste facer esta distinción , pero é o que fai todos os anos o PP de Luís Aragunde.
Fotos: Diario de Arousa.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: