5 de mar. de 2015

O CAMBADÉS SALVADOR RIBADOMAR PARTICIPA NUN RECITAL POETICO EN SANTIAGO

UN DESGARRADOR POEMA SOBRE AS MARISCADORAS SERÁ A PEZA QUE INTERPRETE EN “NOITE GALAICA”, MAÑA EN SANTIAGO.
Salvador Ribadomar é un cambadés que despois de superar algún que outro revés na súa vida, está destacando pola
súa loita  a través da renovada asociación de mariscadores Lazareto de Carril, asociación na que algúns dos seus membros carecen de permiso para traballar legalmente en zonas moi
productivas ou que están sen explotar como as que quedan en seco coas mareas baixas nas illas de Cortegada, Malveiras, Briñas e O Con. Salvador esta loitando para legalizar tal situación brazo partido cos seus mariscadores e mariscadoras. Pero aparte acabamos de coñecer unha nova faceta de Salvador que a sua fáceta poética, pois Salvador vai estar mañan seis de marzo as 20.30 horas en
Santiago.concretamente no Pub “As Duas”, nun recital poético cun poema adicado as mariscadores e moi especialmente as súas compañeiras de Carril. O pema é duro, desgarrador a par que sinxelo e precioso, chámase “Do corazón aberto e as mans sangrando…”,  aquí volo deixamos:


DO CORAZÓN ABERTO
E AS MANS SANGRANDO
Nunha noite fría de xaneiro 
o son do vento mareiro 
unha muller camiña cara o Norte
coas mans agarra un sacho .
Moza con fillos sen home 
coas mans doentes e o peito frío 
sentindo puñais, no lombo traballado
os ollos chorosos , o vento do inverno .
Pes mollados de salitre dura
que non saben de cremas
que non pintas esmaltes 
pes que chían o dolor das petadas.
Maria camiña furtiva 
buscando a vida, 
o pan dos seus fillos
a escola que os ceibe.
Camiña Maria, o vento corta a alma
mentres na cama , dous nenos durmían 
Ánxeles ceibes , de soños puros
Maria camiña buscando a vida. 
Cal loba na noite buscando a comida
das crías nacidas nun mundo sen rumbo
as mans agarradas o pau que a axuda
A nai non se rende, a dureza da vida.
E morden os ventos 
na noite fría 
dun xaneiro de pobres 
na vida de Maria.
Agacha o lombo 
en busca de de pan 
con forma de ameixa 
que ten que atopar.
As mans doridas 
metidas no mar
os pes que non sinte
e o vento a ouvear.



FOTOS: FARO DE VIGO, DIARIO DE AROUSA.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 

Ningún comentario: