5 de mar. de 2015

O CAMBADÉS FERNANDO PADIN ENTRE OS SEIS MELLORES DE ESPAÑA EN CATEGORIA SUB 23 DE TENIS DE MESA.

Está claro que en materia deportiva un dos grandes referentes do noso deporte en Cambados é sen dúbida algunha o Tenis de Mesa e mais concretamente o Club Cambados Tenis de Mesa , quen por certo despois do Club Juventud Cambados  e o club mais antiguo da nosa vila sendo un dos seus grandes valedores o mítico xogador de Tenis de Mesa cambadés
Manolo Prado.
Hoxe podemos decir con todo orgullo os cambadeses que temos nesta club e na nosa vila a un dos mellores
xogadores de España na categoría sub 23 e non é outro que Fernando Padin (de casta lle ven ao galgo) pois  despues da disputa do Torneo Estatal acábanse de publicar os rankings nacionais destacando o 6º posto de Fernando Padin en SUB23 e o resto
dos clasificados son Martin Regueiro 12º en xuvenil, Guillermo Sanchez 13º en SUB23 e Mariña Chaves 15ª en alevin.
Fernando Padin forma parte do equipo de División de Honor Másculina Establecimientos Otero que o compoñen aparte del Santosh Araswilli, Guillermo Sanchez
e Martin Regueiro. 
Parte de “culpa” deste éxito do tenis cambadés tena a súa actual directiva co seu Presidente a fronte Ramón Barros e fortemente respaldado porlo Vicepresidente Deportivo Ñajo Padín o Secretario Julio Regueiro,  o encargado da Xestión de Recursos Ramon Padin e o Tesoreiro Miguel Chaves. A todos os nosos parabéns.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI


Ningún comentario: