21 de mar. de 2015

EU TAMÉN QUERO “SOMOS CAMBADOS” “A CANDIDATURA DA REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA".

POR XAQUÍN CHARLIN “CHON”.
Hoxe sentinme como un rapaz con zapatos novos, esa sensación de levar nos pes algo que non ten  ninguén, algo
novo, algo limpo, algo  que transmite felicidade, así me sentín eu hoxe a acudir a Asemblea de “Somos Cambados” no local
de Esposalnés,  con mais de 50 persoas que acudiron para ver  o que era a asemblea constituínte de “Somos Cambados” e empezar a conformar os
grupos de traballo. É unha nova forma de participación e se queredes de facer política que non ten nada que ver cos vellos partidos nos que o único que reina é o “mando y ordeno”. Aquí todo se  vai acordar asembleariamente e ábrese un rexistro para
que as persoas que queiran participar en dous grupos de traballo poida facelo e así abrúese un grupo para conformar candidaturas e outra para realizar un grupo de formación do programa. O tempo apremia e os prazos bótansenos encima, eu persoalmente anoteime ao grupo de formación do programa para intentar botar unha man neste senso.  Todos aqueles que queirades participar podedes facelo enviando unha mensaxe tanto o facebook de “Somos Cambados" como o seu blog ou tamén simplemte compartindo este artigo.  De verdade que é ilusiónante, cantas veces nos temos feito aquelas reflexións de “todos son iguais”, “todos están ao mesmo”, “están en política para enriquecerse”, “estes
presentanse porque non os queren no PP”” etc. Esta nova candidatura que está punto de nacer é distinta, todo se fai mediante acordos asemblearios incluída a lista de candidatos en caso de presentarse e o programa. Todas as comparacións son odiosas, pero a min este movemento lembrade a candidatura da Confraría que resultou gañadora que todo mundo a coñeceu pola da “Rexeneración Democrática” unha candidatura na que había de todas as cores políticas e que felizmente resultou  gañadora votando aos representes do PP fora da Confraría. Eu vou participar co ánimo de que pase o mesmo no Concello  e animo dende aquí a todos os indecisos a facelo, porque incluso en caso de que na lista salga elixido un o varios concelleiros este levara aos plenos e comisións os acordos que se tomen nas asembleas de “Somos Cambados”, mais democracia imposible. Anotádevos, canto mais pronto mellor, a “Somos Cambados” fai lle falta a vosa man.
PARTICIPA EN "SOMOS CAMBADOS" SE NON QUERES QUE NOS SIGAN GOBERNANDO ESTES CAMÁNDULAS

XAQUIN CHARLIN "CHON".








Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: