22 de mar. de 2015

NINGÚN GRUPO POLITICO EN CAMBADOS SE INTERESOU POLA DESAPARICIÓN DO REXISTRO CIVIL NA NOSA VILA

E MENOS O PP CO ALCALDE LUIS ARAGUNDE AO FRONTE.
Así como en outras vilas os Alcaldes
estanse a interesar pola desaparición do Rexistro Civil, sobre todo se non son do PP como os casos dos Alcalde de Vigo e
Pontevedra, Tamén se están a interesar partidos politicos que non están no goberno presentancións moción para debater nos plenos, en Cambados non se movimento agás este blog.
O venres  en Vigo, no salón de actos do Colexio de Avogados, membros da Plataforma SOS Xustiza, CCOO, SPJ-USO, UGT, CSI-CSIF, CIG, STAJ e funcionarios do Rexistro Civil de Vigo, mantiveron unha xuntanza coa deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández. 
Por parte de Olaia mostróuse o seu total apoio as suas reivindicacións, facéndolles saber que dende fai tres anos xa se teñen presentado diversas emendas sobre esta cuestión e contra esta privatización encuberta. Así mesmo comprometeuse a que na vindeira sesión parlamentaria facerlle a Mariano Rajoy algunha pregunta especifica sobre o tema do Rexistro Civil e tamén sobre que va a ocurrir a partir do día 16 de Xullo cando finalice a "vacatio legis" da vixente 
Tanén o venres pasado , na xuntanza mantida en Pontevedra
co Alcalde, D. Miguel Anxo Fernández Lores, as centrais sindicais CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F e UXT, así como a plataforma SOS XUSTIZA, lle transmitiron ao represtante da vila a situación á que se vai ver abocado o Rexistro Civil, así como a problemática que vai traer para toda a cidadanía se, o 15 de xullo, finalmente o Ministerio de Xustiza toma a decisión de entregar este servizo público e centenario aos Rexistradores Mercantís. O Alcalde comprendeu perfectamente a situación, a fixo súa e se comprometeu a levar ao pleno unha moción a fin de tentar que obteña o total respaldo da corporacion.
Mentres en Cambados ningún grupo politico presentou ningúnha moción ao respecto e por suposto o Alcalde de Cambados ainda menos, trailla ao pairo que desapareza o Rexistro Civil na nosa vila.
COMENTARIOS DA FACEBOOK:
  • Carlos Abal Roma O PSOE en Cambados presentou unha moción contra a privatización do rexistro civil. Así que polo menos, houbo un grupo político que se interesou polo tema.
    1 hora · Gústame · 2
  • Miguel Pérez Osorio Certo. Fomos os primeiros e, polo que se ve, os únicos.

NOTA DO ADMINISTRADOR:
A moción presentada polo PSOE foi en xuño do 2013, segundomanifesta a vosa propia candidata Fatima Abal,  era un rumor e como sabedes a Lei non foi a probada ate o 15 de Xullo de 2014, cunha "vacatio legis" ata xullo do 2015. A nove refirese a presentala estes días como se está a facer en Vigo e Pontevedra.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: