26 de mar. de 2015

“GUATEQUE EN ZAO” O DIA 5 DE ABRIL

ORGANIZADO POLA ANPA  RAMÓN CABANILLAS 
Os mozos de hoxe en día moitos deles sonaralle a ruso isto do "Guateque", pero os que peiteamos canas traenos recordos maravillosos, que non se
lembra dos guateques da Xuventude,  ou outros que se celebraban en casas particulares.   Este término,
GUATEQUE,  era o que se usaba no Caribe para referirse a aquelas festas informales que se celebraban con familiares e amigos e nas que predominaba o baile, o jolgorio e sobre todo as comilonas, xa que se
preparaban uns estupendísimos banquetes.
O carácter familiar dese tipo de celebracións é o que fixo que cando a palabra viaxou ata o noso país utilizásese nun ámbito máis íntimo e casero, designándose así a aquelas festas privadas que se celebraban na intimidade de casa
cun puñado de amigos e familiares.
Nun principio no noso país usabase a palabra "guateque" para chamar así a aqueles festejos con comilona incluída, despois pasou ao ámbito máis íntimo das festas familiares que se realizaban
na casa, para acabar converténdose a mediados do século XX na típica festa xuvenil que se celebraba con amigos e onde se bailaba as cancións de moda e tomábanse uns refrescos e canapés. Estiveron moi de modo nos anos 60 e 70.
En Cambados eran famosos os guateques que facia a organización xuvenil JUVENTUD TAC , na sede no que hoxe é o Auditorio,  nos anos 70 e os da OJE organizados polo acual presidente da Camara de Comercio de Vilagarcia Miguel Falcón Noya. Tamén eran sonados algúns en casas privadas. 
Mais que nada facianse porque en Cambados non tiñamos discotecas, a primeira foi Beylu a finais dos 70 na Avda de Vilagarcia e logo xa veu Zao.
A fantástica idea da AMPA de retrotraernos aos anos 60 e 70 o vindeiro día CINCO DE ABRIL ás 19.00 , vainos facer lembrar a moitos os nosos tempos mozos.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: