26 de mar. de 2015

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS CONTINÚAN COAS XUNTANZAS “ACHÉGATE A FÁTIMA ABAL”: A VINDEIRA ESTE VENRES EN VILARIÑO

Despois da xuntanza realizada en Oubiña, a cal foi calificada como “moi productiva” pola candidata socialista á alcaldía, é o turno da parroquia de Vilariño, onde Fátima Abal chama á participación veciñal.
Para eso, está convocada unha xuntanza o vindeiro venres, 27 de marzo, ás 20:30h. no centro cultural de Vilariño. Esta será unha
reunión aberta a todos os veciños e veciñas, os cales poderán opinar, debatir, propoñer e falar de todo o que afecte, dunha ou doutra forma, a esta zona. 
Fátima Abal explica que “os veciños e veciñas son quenes mellor coñecen o seu entorno e, polo tanto, a súa participación é fundamental para a súa mellora e
transformación. Cada zona ten as súas potencialidades, por eso queremos convidar a todas as persoas a falar das particularidades específicas de esa zona.” 
“Ten que haber un contacto directo entre os políticos e o resto da cidadanía, xa que a nosa tarefa consiste en buscar solucións aos problemas das persoas. Por eso queremos que os cambadeses e cambadesas sexan os protagonistas do seu propio futuro, con iniciativas como os presupostos participativos, os cales presentamos recentemente, e outras moitas encamiñadas á participación veciñal.”
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: