26 de mar. de 2015

O PP DE LUIS ARAGUNDE A PIQUES DE “ASESINAR” A FLOTA DO CERCO

SON TRATADOS POLAS AUTORIDADES COMO SE FORAN DELINCUENTES .
MEMBROS DE ACERGA PECHANSE NA CASA DO MAR DE CORUÑA
Parace mentira estimados cambadeses,  que Luis Aragunde , que presume ser un “home de mar”, traballador de lonxa e o
Este foi alcalde grazas
aos mariñeiros de
Cambados
seu pai armador, e que foi aupado a alcaldia cos votos de moitos mariñeiros  de Cambados, permita que o seu partido estea a “asesinar” a flota do cerco e dos mariñeiros que dependen dela.
A pasada noite membros da Garda Civil de mar saltaron a bordo de diferentes embarcacións cando se atopaban envasando o peixe.
Os patrons e membros da tripulación resaltan
a violencia, a falta de modales , o abuso de autoridade e as amezas sufridas por parte dos axentes "no se le ocurra tirar un sólo pescado al mar" , ameazaban.
"Usted va a hablar cuando yo le mande" decían.
Así relataba un patron os feitos "Saltaron a bordo do barco ca zodiac como se dunha película se tratase, quedamos todos asustados esa forma de actuar non era normal, trataronnos
como traficantes e delincuentes con amezas e un abuso de autoridade fora do normal, así non se pode traballar".
Estes controis e inspeccións son froito das políticas de represión levadas a cabo polo goberno galego e central do PP que quere acabar coa nosa flota.
Membros de Acerga pecharonse na casa do mar da Coruña, afirman que non se van mover ata que se atope solución o tema das cuotas! Compartide!
¡¡¡ARAGUNDE , ESCOITA, O MAR ESTA EN LOITA!!!
?#?QUEREMOSVIVIRDOMAR?
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

1 comentario:

MANUEL dixo...

Que a nadie lle quede duda sobor da situación da pesca en Galicia, SON AS POLÍTICAS FEITAS POR POLÍTICOS ENGREIDOS QUE PRIMAN O CARTO E AS FALCATRUADAS POR RIBA DO TRABALLO RESPONSABEL E CONSENSUADO. De sempre os mariñeiros non tuvemos quen nos guiase e loitase por unir criterios de traballo e sostebilidade, o de "sáfate Marín que eu xa me safín" era o argumentario de que estaba a ver coma uns iban fenecendo mentras el se sostía.Agora todos vemos de cara os resultados de deixarnos impoñer unhas leis que non se correponden nin de lexos coas necesidades básicas de manter unha empresa e o sostén de moitas familias, queiman os empresarios con tasas e cuncas, inspeccións constantes e coercitivas, leis con sancións inadecuadas( salvo para as arcas, o diñeiro non ten nome ) encamiñadas a desaparición da pesca, en este caso O CERCO.Cando se darán conta de que un país sen traballo e escravo dos demais, acabaron cas conserveiras cos asteleiros e con todo aquelo que se sostía do mar, ¿ Que faremos cos muelles...serán as próximas rutas turísticas...? Despois os políticos queixanse da pouca simpatía que xeneran...Estamos a morrer e ainda nos poñen o pé para que non poidamos levantar a cabeza.