30 de mar. de 2015

O COLMO DAS INAUGURACIÓNS: QUINTANA, TOURIS E LUIS ARAGUNDE INAUGURAN UN GALPÓN.

UNHA NAVE VACIA, SEN CONTIDO E DÍFICIL DE POÑER UN FUNCIONAMENTO.
Hoxe os energumenos do PP inauguraron, no colmo dos colmos, un galpón vacio en Tragove o cal lle dan por chamar
“Nave de Descarga de Moluscos de Pescadores”, está totalmente vacia de contido e por suposto de personal. Tratase dunha construcción que no caso de que funcione, que é realmente
díficil, pois fai falta un orzamento que hoxe en día non existe.
Foi unha inversión de 1 millón de euros, que deberase  completar cos contidos necesarios para que a confraría de Cambados poida desenvolver a actividade de descarga e
venda de marisco: pesas, mesas, carretillas, e material administrativo que financiará a Consellería do Mar ante a falta de recursos do pósito cambadés.
Así o anunciaba esta mañá no acto inaugural a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do alcalde, Luis Aragunde, e do patrón maior da Confraría de Cambados, Ruperto Costa, o único sano e creible  da inauguración. os demais todo borralla.
FOTOS:  AROUSA SI RADIO SALNES E FARO DE VIGO.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: