3 de mar. de 2015

QUE CHANCHULLOS AGACHA LUIS ARAGUNDE NAS CONTAS DO ALBARIÑO PARA NON FACILITARLLAS AO BNG?

A MENTIRA COMO RUTINA NA XESTIÓN DO CONCELLO, POR VICTOR CAAMAÑO.
A pasada semana tivemos a ocasión de comprobar como o PP non entende en que consiste iso do que tanto fala e chama transparencia. E sobre todo á transparencia referida á
utilización dos cartos de todos e todas, que está a manexar. Estamos a falar do asunto das contas da Festa do Albariño que solicitamos o pasado mes de agosto, que se nos entregou no mes de novembro e que no mes de febreiro comprobamos como, ao BNG, se lle ocultou a verdade; é dicir, se lle mentiu. No seu momento, a petición de información económica (contas do Albariño 2014) era moi clara e o BNG a repite todos os anos considerando, ademais, que por falar de cartos públicos, a referida documentación  debería estar á vista de todos os veciños e
veciñas.
Os datos sobre as contas do Albariño que nos facilitaron novembro, mostraban uns gastos totais de 251.082´62 € e o BNG sinalaba, naquel momento, que lle semellaba moi raro que non constaran, por exemplo, os gastos da habitual empresa de catering do Xantar do Albariño, o que nos levaba a desconfiar que, tal vez, tamén se “esqueceran” de apuntar outros gastos relacionados coa citada festa. E así foi. No pleno da pasada semana demostrouse que o PP ocultaba datos, pois  de súpeto apareceu un novo gasto de 42.256 € en festexos, onde a factura de máis de 5000 € de Pulpería Aurora, certas actuacións típicas desta festa e finalmente a resposta do alcalde, confirmaron as nosas sospeitas de que ao BNG non
se lle entregou toda a información referida aos verdadeiros gastos ocasionados pola festa. Calquera se fía de gobernantes así…
O BNG non pode entender como o PP fai unha ocultación tan burda de datos que, ademais, sabe van ser públicos; mostran poucas luces nisto. Este modo de actuar non é
casual e, polo tanto, demostra, por unha banda, un comportamento infantil, indigno da responsabilidade que esixe ser un  representante político elixido democraticamente e, por outra banda, o PP con este tipo de comportamentos está pedindo a berros deixar o goberno municipal do concello de Cambados.
Víctor Caamaño Rivas (Portavoz Municipal do BNG)









Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: